Aberta a inscrición para participar nos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Culleredo

As bibliotecas municipais Miguel González Garcés, situada no Burgo, e Xosé Cardeso Liñares, en Vilaboa, regresan á rutina da volta ao cole impulsando os clubs de lectura do curso 2025/2026 para os máis amantes dos libros.

No caso da sala do Burgo, os participantes reuniranse o primeiro luns e martes de cada mes ás 17:00 horas e ás 11:00 horas respectivamente. A biblioteca atópase no Edificio de Servizos Múltiples.

Mentres, as persoas que se anoten no club da biblioteca de Vilaboa, citaranse o primeiro xoves de cada mes ás 17:00 horas para comentar a lectura que corresponda. Villa Melania alberga no segundo andar a sala.

 

INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición comezou hoxe, luns 1 de setembro, e estará aberto ata o luns 15 deste mesmo mes. Para solicitar unha praza, as persoas que o desexen deberán poñerse en contacto cos números de teléfono 981 66 55 97 ou 981 65 00 77. Outra maneira de inscribirse será escribindo un correo á dirección electrónica bibliotecas.munipais@culleredo.es.

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina