O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 8 de setembro, o prazo de preinscrición para o programa de actividades municipais culturais e deportivas 2025/2026, que un ano máis ofrecerá unha ampla programación dirixida a todas as idades e parroquias do municipio. O programa, en funcionamento desde 1987, contará nesta edición con máis de 1.600 prazas en diferentes disciplinas, pensadas para fomentar a participación veciñal e o acceso a actividades formativas e de lecer.
O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o 17 de setembro, realizándose o sorteo de prazas o día 22. O 23 de setembro publicaranse as listas de persoas admitidas e en espera, mentres que a formalización das matrículas poderá efectuarse entre o 24 e o 30. O día 3 de outubro ofertaranse as prazas vacantes, de habelas, abríndose o prazo de matrícula para estas desde o día 6.
Como novidade destacada deste ano, todo o proceso poderá realizarse telematicamente a través da nova sede electrónica municipal, aberta para este fin desde as 00:00 horas do día 8 ata as 23:59 do día 17. Así mesmo, quen o prefira poderá presentar a súa solicitude de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Cómpre salientar que no sorteo das actividades con máis demanda ca prazas, as persoas empadroadas en Culleredo terán sempre prioridade fronte ás non empadroadas.
A programación deste ano abrangue unha ampla variedade de actividades culturais e deportivas dirixidas tanto a persoas adultas como a nenos e nenas. Realizaranse en diferentes dependencias municipales.
Para máis información, pódese acudir ao Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo, chamar ao teléfono 981 665 597, ou contactar no correo electrónico escolasmunicipais@culleredo.es.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
oferta_actividades_25_26.pdf | 810.33 KB | |
solicitude_de_preinscricion_presentacion_presencial.pdf | 733.65 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER