Culleredo celebrará o Día da Muller Rural cunha ampla programación con música, artesanía, foliadas e gastronomía

O Concello de Culleredo conmemorará sábado 11 de outubro o Día da Muller Rural cunha ampla xornada de actividades no recinto cuberto do parque da Torre de Celas. A cita, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación As Berenguelas, busca poñer en valor o papel esencial que desempeñan as mulleres no ámbito rural. 
 
A programación arrincará ás 13:00 horas coa presentación da Feira de Mulleres do Rural, a cargo da corporación municipal. Posteriormente, ás 13:30 horas, a cantante Sheila Patricia ofrecerá un concerto acompañado dun faladoiro. 
 
A comida, organizada pola Asociación As Berenguelas, celebrarase ás 14:30 horas. O menú incluirá paella (mixta ou vegana), empanadilla, torta de Santiago, pan, viño e auga, cun prezo de 13 euros por persoa. As reservas poderán realizarse ata o 6 de outubro a través do teléfono 622 347 788. 
 
Xa pola tarde, os actos continuarán cos cantos populares de sobremesa a cargo do Coro do Conservatorio ás 16:00 horas, seguidos pola actuación do grupo Xacarandaina, programada ás 17:00 horas.
 
A partir das 18:00 horas comezará a foliada libre, na que participarán os grupos tradicionais locais Ancoradoira, Silvatuxeiras, Xilbardas, Larpeiros de Altamira e Son da Terriña. 
 
Durante toda a xornada estará en marcha a Feira de Artesanía e do Produto Ecolóxico, con diferentes postos de artesás e artesáns de Galicia. 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina