Trofeos de fútbol municipais 2025 - Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo gozará durante varias semanas de torneos de fútbol, desde o sábado 9 de agosto ata o vindeiro domingo 31 de agosto. Haberá catro categorías diferentes que permitirán que os distintos equipos do municipio poidan participar, divididos entre afeccionados, veteranos, fútbol base e fútbol feminino.
 
O primeiro en disputarse será o XLVI Trofeo de Fútbol Afeccionado, no que participarán sete equipos diferentes (Olímpico de Rutis A, Olímpico de Rutis B, Sporting Burgo A, Sporting Burgo B, U.D.J Almeiras, A.D. Culleredo e Portazgo S.D.). Disputarán partidos por grupos ata o mércores 27 de agosto, dos que sairán os dous conxuntos que xogarán a final, programada para o sábado 30 de agosto no campo de Almeiras.
 
Posteriormente será a quenda do XXVI Trofeo de Fútbol Veteranos, no que participarán outros sete equipos (Olímpico de Rutis A, Olímpico de Rutis B, Sporting Burgo, SPM, U.D.J. Almeiras, Portazgo S.D. e Fontemayor) e que contará cun sistema similar. Empezará o vindeiro luns 18 de agosto e prolongarase até o sábado 30 de agosto, data na que se xogará a final en Almeiras. 
 
Nas xornadas do 23 e 30 de agosto disputarase o XI Trofeo de Fútbol Base, onde participarán nenos en categoría cadete de seis equipos diferentes (Olímpico de Rutis A e B, A.D.Culleredo, Sporting Burgo, Portazgo S.D. e U.D.J. Almeiras). Todos os encontros disputaranse no campo de Almeiras e, aínda que o sistema é o mesmo que nos torneos anteriores, neste haberá final e partido polo terceiro e cuarto posto, ambos o 30 de agosto.
 
Para pechar as semanas de fútbol, Culleredo acollerá o VII Trofeo de Fútbol Feminino, que se disputará integramente na xornada do 31 de agosto tamén no campo de fútbol dos Loureiros. O formato neste caso é diferente, con tres equipos participantes (Olímpico de Rutis, A.D. Culleredo e Sporting Burgo) que disputarán un triangular.
 
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, destaca que os torneos de Culleredo son dos máis lonxevos da comarca, levantando cada verán moita expectación. "Son unha oportunidade formidable para a competición sa e convivencia entre os clubs cullerdenses e queremos seguilos potenciando", indica.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina