O goberno de Culleredo aproveitou os meses de verán para acometer un plan de mellora dos colexios, escolas unitarias e escolas infantís do municipio con obxecto de que as instalacións estean preparadas no inicio do novo curso. Utilizando o período vacacional evitáronse molestias no desenvolvemento da actividade docente que empeza hoxe. O investimento municipal superou os 60.000 euros.
O Concello de Culleredo xa mantén contactos con Autopistas del Atlántico para evitar os prexuízos polo ruído da AP-9 aos veciños da contorna. O vindeiro venres, 15 de setembro, o alcalde, Julio Sacristán, reunirase con responsables da entidade e co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de cara a demandar medidas que palíen a afección por ruído da infraestrutura.
O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
Culleredo ten este verán a tres veciños moi especiais. Son Laarusi, Hamza e Hakim, tres nenos saharauís acollidos por tres familias cullerdenses grazas ao programa Vacacións en Paz que desenvolve Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).
O Concello de Culleredo ofrece xa información turística aos seus visitantes. Grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, o goberno local contratou a un técnico de turismo, reabrindo a oficina municipal de información sita no Burgo, xunto á ponte sobre a ría.
Mañá, venres 11 de agosto, o Campo de Rutis e o do Burgo acollen o primeiros partido do Torneo de Fútbol do Concello de Culleredo. Ás 21 horas o Olímpico de Rutis 'A' medirase ao seu equipo 'B' e, doutra banda, o Sporting Burgo enfrontarase á UDJ Almeiras; dando o pistoletazo de saída a un mes de agosto cheo de partidos. O torneo divídese en tres categorías: Afeccionado, Veterán e Infantil e participan os seis equipos do Concello: Olímpico de Rutis, Sporting Burgo, UDJ Almeiras, AD Culleredo, Portazgo SD e CF Fontemaior.
Un novo plan de investimentos froito do acordo entre o goberno local e a Marea Veciñal de Culleredo está aprobado de forma inicial. O Concello elevou a proposta ao pleno municipal cun resultado positivo ao non producirse ningún voto en contra.
As clases de ximnasia ao aire libre que organiza no verán o Concello de Culleredo espertaron gran interese nesta primeira semana. Máis de 100 veciños animáronse a participar nalgún dos puntos onde se celebran as sesións, abertas ao público sen necesidade de inscrición previa.
Os mozos de Culleredo tamén tiveron os seus propios campamentos, organizados polo Concello. O venres clausuráronse as actividades, nun acto que tivo lugar no IES Rego de Trabe coa asistencia do concelleiro de Deportes e Xuventude, Miguel Suárez.
O Concello de Culleredo continúa coa súa programación cultural gratuíta. Este venres, 14 de xullo, o cantautor Pepe Piña ofrecerá un concerto no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples. Será ás 20.30 horas, con entrada libre.
Non haberá escusas en Culleredo para porse en forma aproveitando o bo tempo. O Concello activa o seu programa "Verán movidiño", con clases de ximnasia ao aire libre desde este luns 10 de xullo ata o 30 de setembro.
O Concello de Culleredo acaba de comezar unha das súas principais actuacións para este verán: a remodelación do polideportivo municipal de Vilaboa, situado no recinto do CEIP Sofía Casanova. A instalación precisa dunha importante modernización xa que se foi deteriorando co paso dos anos e ese é precisamente o obxectivo do proxecto.
O Concello de Culleredo, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza hoxe xoves, 6 de xullo, a primeiro edición do VilaboaRock. O festival celebrarase na praza da igrexa a partir das 21.30 horas. O cartel estará formado pola Banda del Camión, Riff Raff e Metal Tribute.
O Concello de Culleredo regresa ao pasado templario do Burgo (O Burgo de Faro) desde mañá venres 30 ata o domingo 2. O paseo marítimo volverá empaparse dun ambiente de época a través do Mercado Templario, que volve cuns 90 postos e unha infinidade de personaxes do Medievo.
O Concello de Culleredo pon á disposición dos seus veciños a posibilidade de aprender a facer plantas de formas creativas e sorprendentes a través dos obradoiros de kokedamas, que se realizarán durante a mañá do próximo mércores 12 de xullo no Centro Cívico de Fonteculler, entre as 10.30 e as 13.30 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER