Xa se publicou o programa de actividades infantís de novembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa). Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio.
Visiblemente emocionado compareceu o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, para informar da súa decisión de renunciar á alcaldía, que fará efectiva no día de mañá. O rexedor, que vén gañando as eleccións municipais desde 1983, explicou que toma a determinación por motivos exclusivamente persoais e familiares, cun gran cansanzo acumulado, sinalou, especialmente nos últimos tres anos.
O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Segovia e aos seus arredores do 24 ao 27 de outubro.
Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.
O Concello organiza dúas quenda dos Cursos de Micoloxía, que alcanzan a XXIII edición. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro.
Os próximos días 12,13,14 e 15 de outubro terá lugar nas instalacións de Padelplus - Culleredo o primeiro torneo de Pádel solidario de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).
O polideportivo municipal de Vilaboa xa volve funcionar tras as obras de modenización acometidas no verán polo Concello de Culleredo. A instalación, xa veterana, requiría dunha importante renovación para incrementar as súas prestacións aos usuarios.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo o venres unha reunión de traballo con Autopistas do Atlántico para abordar as afeccións por ruído que presenta a AP-9 no municipio. Foi acompañado do equipo redactor do Plan Xeral, dado que o informe de Medio Ambiente pedía á súa vez que se revisasen algúns ámbitos afectados polo ruído da infraestrutura.
O goberno de Culleredo aproveitou os meses de verán para acometer un plan de mellora dos colexios, escolas unitarias e escolas infantís do municipio con obxecto de que as instalacións estean preparadas no inicio do novo curso. Utilizando o período vacacional evitáronse molestias no desenvolvemento da actividade docente que empeza hoxe. O investimento municipal superou os 60.000 euros.
O Concello de Culleredo xa mantén contactos con Autopistas del Atlántico para evitar os prexuízos polo ruído da AP-9 aos veciños da contorna. O vindeiro venres, 15 de setembro, o alcalde, Julio Sacristán, reunirase con responsables da entidade e co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de cara a demandar medidas que palíen a afección por ruído da infraestrutura.
O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
Culleredo ten este verán a tres veciños moi especiais. Son Laarusi, Hamza e Hakim, tres nenos saharauís acollidos por tres familias cullerdenses grazas ao programa Vacacións en Paz que desenvolve Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER