Actualidad

Pleno extraordinario da corporación con data 19 de maio de 2022

A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 19 de maio, unha sesión extraordinaria do Pleno, ás 9:30 horas. 

Culleredo organiza a Feira de Artesanía o 17 de maio con 83 postos e un programa de actuacións

O Concello de Culleredo celebra á súa Feira de Artesanía este martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, con 83 postos na praza Europa. Desde as 11:00 horas e ata as 20:00 horas, as e os asistentes poderán comprobar de primeira man como manufactureros e manufactureras locais e chegados de toda Galicia expoñen produtos feitos en coiro, vimbio ou vidro. Haberá durante a xornada actuacións musicais e espectáculos de maxia e teatro.

O grupo Alejandro Vargas Trío actuará no Burgojazz 2022 durante a xornada do sábado

O Concello de Culleredo confirma que Alejandro Vargas Trío formará parte do programa do  Burgojazz 2022 nunha edición que recuperará o seu formato tradicional

IX Carreira Pedestre Ría do Burgo

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a IX Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 15 de maio. A proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
 

Pleno extraordinario con data 5 de maio de 2022

A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 5 de maio, un Pleno extraordinario ás 10:00 horas, cun único punto a tratar: 

1.- Proposta sobre modificación da ordenanza fiscal número 3, reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. 

Pleno ordinario da Corporación con data 28 de abril de 2022

O Concello de Culleredo celebrará o xoves 28 de abril un Pleno ordinario da Corporación coa seguinte orde do día: 

Mañá, 27 de abril, abre o prazo para asistir aos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación da Coruña

A rapazada cullerdense poderá participar na primeira quenda que se desenvolverá do 26 de xuño ao 1 de xullo no IES Rosalía Mera da Coruña

Mañá abre o prazo para asistir aos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación da Coruña

A rapazada cullerdense poderá participar na primeira quenda que se desenvolverá do 26 de xuño ao 1 de xullo no IES Rosalía Mera da Coruña

Culleredo convértese esta fin de semana na capital do balonmán galego coa disputa da final four

Culleredo acolle esta fin de semana a final four, tanto en categoría masculina como feminina, da Primeira Autonómica.

 

Fran Amil achega os clásicos da lírica galega aos escolares de Culleredo a través do proxecto Popsía

O Auditorio do edificio de Servizos Múltiples acolleu esta mañá dúas sesións da actividade.
 

As bibliotecas municipais de Culleredo celebran o Día do Libro

As bibliotecas municipais de Culleredo recuperan os puntos de intercambio de libros, desde hoxe, 22 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro.

 

A banda madrileña de swing No Reply convértese na primeira confirmación do Burgojazz 2022

A banda madrileña de swing No Reply convértese na primeira confirmación para o Burgojazz 2022, cuxa XXI edición recuperará o seu formato tradicional tras a pandemia. Celebrarase do 1 ao 4 de xullo e proximamente iranse anunciando vindeiras confirmacións do cartel definitivo.

O pavillón de Tarrío acollerá a 'Final Four' autonómica de balonmán

O pavillón municipal de Tarrío será escenario esta fin de semana da cita máis importante da tempada do balonmán galego; a 'Final Four' da primeira división autonómica, que decidirá os campións en categoría masculina e feminina e nal cal participará o Balonmán Culleredo.

Special Olympics celebra este sábado en Culleredo a edición 25 dos seus xogos autonómicos de campo a través e petanca

O Concello de Culleredo e  Special Olympics Galicia presentaron hoxe a edición 25 dos Xogos Autonómicos de Campo a través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual que terán lugar no Burgo o sábado 23 de abril.

Culleredo retoma o Memorial 'Tino Poza' co patrimonio natural e monumental como motivo da pintura in situ

O Xardín Botánico do Paseo Marítimo do Burgo acollerá o vindeiro 30 de abril unha nova edición do certame de artes plásticas 'Tino Poza'.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina