O luns 26 de xuño iníciase o programa municipal de conciliación MAÑÁS DE CAMPAMENTO que se desenvolverá durante as vacacións de verán nas dúas instalacións previstas.
Nesta data incorporaranse 236 persoas matriculadas en 5 e 3 semanas para iniciar a súa andaina por un programa lúdico que ten unha ampla traxectoria en Culleredo, e no que se traballarán transversalmente valores de cooperación, respecto mutuo, integración, igualdade, coidado do medio ambiente...buscando o desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas participantes.
PROGRAMA DE CONCILIACIÓN: Mañás de campamento. Datos:
- De 7:30 a 9:00 horas, servizo de almorzo.
- De 9:00 a 14:00 horas, actividades lúdico-pedagóxicas.
- De 14:00 a 16:00 horas, servizo de xantar.
Instalacións: CEIP Vila de Rutis e CEIP Sofía Casanova e polideportivo.
- CEIP Vila de Rutis (participantes matriculad@s en Educación Infantil de 3 a 6 anos):
- 1ª quenda :114 participantes.
- 2ª quenda: 102 participantes.
- 3ª quenda: 36 participantes.
- 4ª quenda: 26 participantes.
- CEIP Sofía Casanova (participantes matriculad@s en Educación Primaria, de 6 a 12 anos):
- 1ª quenda: 122 participantes.
- 2ª quenda: 94 participantes.
- 3ª quenda: 32 participantes.
- 4ª quenda: 30 participantes.
A temática a desenvolver será de tipo musical e o campamento denomínase: EN CLAVE DE SOL. Cada semana xirará en torno a un estilo musical, desde o blues, o jazz o rock and roll, música disco e, como non, música tradicional galega.
Nesta edición aumentaron as solicitudes de prazas de máis semanas e as peticións dos servizos de almorzos e xantares. Nesta primeira quenda teremos a 54 participantes con almorzos e a 133 con xantares.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER