Actualidad

Culleredo investirá 410.000 euros de fondos propios na axuda a persoas con dependencia

Neste ano 2012, o Concello de Culleredo investirá máis de 410.000 euros na axuda a persoas con dependencia a través do servizo de axuda no fogar. A axuda a domicilio pola vía da dependencia ven adxudicada pola Xunta pero a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, explica que na actualidade a Xunta ten bloqueadas as altas en Culleredo.

O Concello forma ás Comisións de Festas na resposta ante emerxencias

O Concello desenvolverá mañá sábado 30 en Celas un curso básico de primeiros auxilios e actuación ante situacións de emerxencia para persoas que integran as comisións de festas do concello. A iniciativa ten como finalidade a preparación das persoas que organizan eventos de magnitude ante distintas situacións de emerxencia que se poidan presentar.

Once clubes participan este fin de semana no Torneo de fútbol 7 "A Ponte Pasaxe"

Os campos da Lavandeira do Burgo son sede desde o venres 29 de xuño ao domingo 1 de xullo do XIII Torneo de Fútbol 7 "A Ponte Pasaxe". Rapaces de once clubes das categorías prebenxamín, benxamín e alevín desfrutarán dunha festa do deporte.

Final do XIII Campionato de Tute Concello de Culleredo

O centro cívico de Castro-Laxe acollerá o venres 29 de xuño, desde as 21.00 horas, a final do Campionato de Tute Concello de Culleredo, que alcanza a súa XIII edición. Disputarana Catoira e José Antonio do Bar Algarabía contra Suso e Emilio, da asociación de veciños de Sésamo.

Culleredo recolle material escolar para garantir a escolarización das familias en emerxencia social

O Concello instalou arcones para a recollida do material en todos os colexios, institutos e escolas infantís públicas do municipio. O obxectivo: repartir material escolar novo ou en perfectas condicións ás familias en situación de emerxencia social. Na campaña aceptarase todo tipo de material escolar que se poida requirir no colexio, excepto libros de texto. Tamén se poderán achegar uniformes escolares, mochilas, chándales ou calzado deportivo.

O Concello abre a inscrición na campaña de natación 2012

O Concello de Culleredo abre, até o día 29 de xuño, o proceso de inscrición para a campaña de natación 2012, que se desenvolverá o vindeiro mes de xullo no Parque Acuático de Acea de Ama. En total, son 60 prazas as abertas, estruturadas en dúas quendas, segundo especifica o arquivo que se achega.

Teléfonos e normas de participación para os campamentos de Culleredo

A continuación achéganse as Normas de Participación nos campamentos que organiza o Concello de Culleredo e que comezan o martes 26 de xuño. Tamén se adxunta a relación de teléfonos dos responsables para o seu coñecemento por parte das nais e pais dos participantes.

Culleredo informa á mozos e pais sobre as opcións profesionais despois da ESO

A Concellería de Educación de Culleredo organiza o día 21 de xuño, ás 19:00 horas ,na biblioteca do edificio do Conservatorio de Música (rúa Andrés Pan Vieiro do Burgo),sobre a orientación vocacional, profesional e laboral co titulo “E despois da ESO, que?".

O Concello informa sobre os cambios nas tarifas da auga

O Concello de Culleredo emprende unha campaña de información cidadá sobre as novas tarifas de abastecemento de auga e saneamento do municipio. A primeira charla desenvolverase o 20 de xuño, ás 19 horas, no Edificio municipal de servizos múltiples do Burgo.

O Conservatorio Municipal de Culleredo estrea a súa Big Band de Jazz

A Big Band do Conservatorio de Culleredo presentaranse ante o público no Concerto de Fin de Curso que terá lugar a partir das 19.30 horas do venres 15. A Big Band está orientada á música jazz e está composta por 17 artistas de 13 a 18 anos de idade e dirixida polo profesor Iván Doval.

Festival Folk e gran sardiñada, o sábado en Acea de Ama

O Concello organiza o sábado 16 de xuño, en Acea de Ama, a I Xuntanza Veciñal, un evento que reunirá opcións para todos os públicos, con 800 quilos de sardiñas e o Festival Folk que encabeza Os Cempés. Os prezos serán anticrise con racións de sardiñas e bebida por 2 euros e as cañas e refrescos a un euro.

O Conservatorio de Culleredo mantén aberta a inscrición para o curso 12-13

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo emprende o proceso de inscrición no ensino dos graos elemental e profesional. O acceso ao primeiro curso de ambos graos conclúe este venres, 15 de xuño. O centro musical cullerdense permite cursar nas modalidades de acordeón, canto, clarinete, frauta, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, viola, violín e violoncello.

A Policía Local inicia unha campaña para controlar a tenencia de cans na vía pública

A Policía Local de Culleredo emprende unha campaña especial de vixilancia para velar que se cumpren todas as condicións de seguridade e comportamento cívico por parte dos propietarios de cans. Os axentes farán fincapé especialmente en dous aspectos: a recollida das deposicións e a seguridade.

Culleredo recibe unha furgoneta para servicios municipais

O Concello recibiu unha furgoneta, con capacidade para 8 persoas, froito dun acordo cunha empresa, que a doa grazas ás achegas económicas obtidas de marcas que poñen publicidade na carruaxe. Será destinada a efectuar distintos servizos municipais, como o transporte de persoas con discapacidade. A furgoneta non lle custa nada ao Concello, que só terá que asumir os gastos de funcionamento.

O Concello implanta a Inspección Técnica de Edificacións para garantir a conservación e seguridade urbanística

O Concello de Culleredo aprobou a ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE). Con esta medida, regúlase a obrigación de manter nas edificacións as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanqueidade, ou consolidación estrutural. Para iso, elaborarase un informe emitido por un técnico competente que se debe presentar dentro do ano seguinte a aquel en que o edificio cumpra 50 anos.

Culleredo informa sobre a problemática das preferentes e outros produtos bancarios tóxicos

O Concello de Culleredo, coñecedor de que no municipio residen afectados polas participacións preferentes e outros produtos bancarios tóxicos, celebra o martes 12 unha asemblea informativa en Vila Melania (Vilaboa). Unha experta explicará a resposta ante estas problemáticas.

Culleredo clausura con éxito a tempada das Aulas Abertas

No programa participaron dous centenares de veciños mellorando as súas habilidades de diversa índole. E é que, cun carácter eminentemente práctico, as aulas afondaron en materias de máxima actualidade, coma as novas tecnoloxías, o coidado infantil ou a economía. “O éxito foi rotundo e temos claro que os participantes saen cuns coñecementos adquiridos que necesitaban para a súa vida cotiá”, destaca a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.

O Concello entrega os premios do III Concurso de Fotografía medioambiental para escolares

A Concellería de Educación do Concello de Culleredo entregou os premios do “III Concurso Concello de Culleredo de Fotografía medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e a perda da boidiversidade con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Centos de persoas abarrotaron O Burgo no Encontro de Coches Clásicos, Históricos e Deportivos

exhibiciónO IV Encontro de Coches Clásicos, Históricos e Deportivos abarrotou O Burgo o pasado fin de semana. Centos de persoas achegáronse o sábado e o domingo ao recinto multiusos do paseo marítimo para gozar da cita organizada polo Concello de Culleredo, coa colaboración do Automóbil Club de Culleredo.

O Concello logra unha rebaixa de 816.000 euros anuais no custe dos servizos municipais

As negociacións emprendidas coas empresas que prestan servizos no Concello co obxecto de lograr unha rebaixa nos gastos que supoñen ás arcas municipais terminan cunha redución nos custos de 816.013,13 euros ao ano. Corresponden aos servizos de xardinaría, limpeza viaria, limpeza de edificios municipais e colexios, e mantemento eléctrico. As conversas seguirán co resto de empresas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina