Actualidad

O Concello reúne un centenar de coches clásicos, históricos e deportivos no Burgo

presentaciónO recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo prepárase para recibir este fin de semana por centos de visitantes. O Concello de Culleredo, coa colaboración do Automóbil Club de Culleredo, organiza o IV Encontro de Coches Clásicos, Históricos e Deportivos que reunirá a un centenar de modelos e permitirá gozar das peripecias dos pilotos.

O Burgo acolle o domingo 3 o Festival de Aeróbic Escolar

cartelO polideportivo do Burgo acolle este domingo 3 de xuño, o XV Festival de Aeróbic Escolar. No arquivo adxunto pódense ver os horarios e colexios e clubs participantes.

O goberno local pedirá revisións das medicións de ruidos nas vivendas afectadas pola ampliación de Alvedro

Desde a posta en marcha do Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro, o Concello de Culleredo detectou diversas situacións que tivo coñecemento por parte dos afectados e que mañá na reunión da comisión de seguimento, o alcalde, Julio Sacristán, porá sobre a mesa.

O Concello inicia a reparación do paseo do Río Trabe ante os vicios ocultos aparecidos na obra da Xunta

obras no paseoO Concello de Culleredo comeza os traballos de reparación do paseo do Río Trabe, que conecta O Burgo con Vilaboa, e que foi executado pola Xunta de Galicia. Unha vez finalizada aquela actuación apareceron vicios ocultos que danaron gravemente o paseo. En vista da falta de actuación autonómica, o Concello decidiu asumir a intervención.

Oitenta parellas participan na fase final do Campionato de Tute de Culleredo

presentaciónO Campionato de Tute Concello de Culleredo alcanza a súa XIV edición coa participación de 80 parellas nesta fase final. O venres 18 de maio celebrouse a primeira xornada desta fase, coa presencia do concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado. O venres 25 continuará coa segunda.

Culleredo celebrou o 17 de maio con artesanía e folclore nun gran éxito de público

artesánsArtesanía e folclore galego foron os principais ingredientes do 17 de maio en Culleredo. Unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana instalaron o seu posto na praza para ofrecer ao público os seus traballos. Mentres os veciños e visitantes podían descubrir estes produtos artesáns, a feira estivo amenizada por diferentes actuacións en distintas modalidades para celebrar a festividade.

I Campus Balonmano Culleredo

I Campus de Balonmano de Culleredo.

Del 25 de junio al 31 de agosto de 2012. Inscripciones semanales o quincenales niñ@s desde 5 hasta 14 años en el Pavellón Municipal de Tarrio. Para más información ver el archivo adjunto.

 

I Campus Balonmano Culleredo

I Campus de Balonman de Culleredo.

Do 25 de xuño ao 31 de agosto de 2012. Inscricións semanais ou quincenais nen@s dende 5 ata 14 anos no Pavillón Municipal de Tarrio. Para mais información ver o arquivo que se achega.

Culleredo celebrará as Letras Galegas cunha Feira de Artesanía no Burgo

cartelA praza de Europa do Burgo acollerá o 17 de maio a Feira de Artesanía, que reunirá a unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana, principalmente.  A feira estará a funcionar en horario de 11.00 a 15.00 horas e estará amenizada por diferentes actuacións a cargo de colectivos do municipio ou de grupos de actividades organizadas polo propio Concello.

O Concello inaugura unha exposición de debuxos e presenta dous libros de Alfredo Vázquez Casal

cartelO Concello de Culleredo organiza o mércores 16 , ás 20.30 h, no Xardín Botánico, o acto de presentación do poemario "O canto do galo" e da novela "Alma María. Historia de una amistad", e a inauguración da exposición Curvando trazos, de Alfredo Vázquez Casal. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de xuño de 2012.

O Concello instala un punto de información turística en Coruña The Style Outlets

expositorO centro comercial Coruña The Style Outlets, ubicado en Alvedro, conta desde os últimos días cun expositor con información turística do Concello. O edil de Dinamización Local, Isidro Taibo, considera que os clientes do outlet, procedentes de toda Galicia, son visitantes potenciais de Culleredo e por iso apostou por ofrecer alí información turística.

Aberta a inscrición no IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo"

presentación do campusO Burgo acollerá do 25 ao 29 de xuño, primeira semana de vacacións escolares, o IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo", organizado polo Clube Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello e con Gadis Híper do Burgo. Os pequenos, ademais do deporte, desfrutarán de actividades acuáticas ou xogos no horario de 8.30 a 19.00 horas que permite a actividade.

Culleredo presenta un robot único en España para examinar as redes de colectores e evitar vertidos

robotAs redes de saneamento de Culleredo manteranse con tecnoloxía de última xeración. A nova unidade móbil de inspección de redes de colectores está dotada cunha cámara robotizada, tan avanzada no mercado que é a primeira da súa clase que se adquiriu en España. Este robot introdúcese nos colectores e vainos percorrendo para ver o estado e reparar avarías.

Campamentos Deportivos da Deputación 2012

cartelO Concello de Culleredo informa do proceso a seguir para os interesados en participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2012. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de xuño. A quenda para os cullerdenses será do 15 ao 21 de xullo.

O Concello renovará o acceso desde Orro á Zapateira

O Concello de Culleredo acondicionará a entrada á Zapateira desde a parroquia de Orro. Trátase da estrada que parte desde o núcleo de Figueiras, que presenta un estado bastante deteriorado polo seu uso. A obra consistirá na pavimentación completa da estrada e custará 40.000 euros.

O II Descenso ao Xalo reunirá o domingo a más de 200 participantes

presentaciónO II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.

Culleredo recibe a mostra de esculturas de Javier Aguilera

cartelCulleredo acolle desde este venres 27 de abril a mostra de esculturas que, baixo o título Ex umbra in solem II, presenta o artista Javier Aguilera Navarro. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.

A compañía de teatro El Ruiseñor presenta a comedia grega "Tesmoforias"

cartelO Conservatorio de Culleredo albergará esta fin de semana a representación da compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, que presentará a comedia grega "Tesmoforias". Os pases serán o sábado 28 de abril ás 20:30 horas e o domingo 29 ás 19:00 horas. As entradas están á venda na tenda ATHICUS de Acea de Ama.

O alcalde de Culleredo inaugurou o novo centro social de Castro

centro socialO Concello abríu o novo centro social de Castro (Vilaboa), unha dependencia levantada para responder as peticións dos veciños e da asociación cultural do núcleo. Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. O investimento na construción deste novo centro social superou os 260.000 euros.

Culleredo abre o prazo de inscricións na Mostra de Artesanía das Letras Galegas

Os artesáns interesados en participar na Mostra de Artsanía, que se celebrará o 17 de maio na praza de Europa do Burgo, xa poden formalizar a súa inscrición. O data límite é o 14 de maio para os 30 postos existentes.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina