Culleredo celebrará as Letras Galegas cunha Feira de Artesanía no Burgo

O Concello de Culleredo conmemorará o 17 de maio con artesanía e folclore galego. A praza de Europa do Burgo acollerá na mañá do xoves a Feira de Artesanía, que reunirá a unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana, principalmente.

A totalidade dos postos serán de produtos artesanais: ofreceranse desde todo tipo de complementos, pasando por ilustracións, pezas feitas de resina, madeira, xabóns, até pastelaría artesá variada. A feira estará a funcionar en horario de 11.00 a 15.00 horas.

Mentres os veciños e visitantes poden descubrir estes produtos artesáns, a feira estará amenizada por diferentes actuacións en distintas modalidades para celebrar a festividade. Todas elas terán un denominador común: corren a cargo de colectivos do municipio ou de grupos de actividades organizadas polo propio Concello. Actuarán:

  • Teatro Ruiseñor.
  • Grupo da actividade municipal de baile galego.
  • Grupo da actividade municipal de gaita.
  • Grupo de gaitas "Toxos e xestas" de Rutis (Vilaboa).
  • Alumnos/as do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.
  • Grupo folclórico ?Cata Almibre" do Burgo.
  • Grupo folclórico municipal ?Ancoradoira".
A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, considera que a feira deseñada encherá de espírito galego a praza de Europa. Anima aos cidadáns a aproveitar a xornada festiva para gozar coas actuacións de veciños de Culleredo e coñecer o traballo laborioso de moitos artesáns.

cartel

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina