Deportes

Orro acolle esta fin de semana a proba final do Campionato Galego de Trial

Culleredo será sede este fin de semana da proba que pecha a edición 2015 do Campionato Galego de Trial. A parroquia de Orro é o escenario elixido para dirimir unha competición que este ano está a ser moi apretada.

Inscritos nas actividades deportivas con vacantes

O Concello de Culleredo publica a relación de persoas inscritas nas vacantes das actividades deportivas municipais.

Completado o plan de arranxo de diversas pistas deportivas

O Concello de Culleredo finalizou o seu plan de acondicionamento de varias pistas deportivas descubertas e da pista cuberta de Castro. Trátase de instalacións moi frecuentadas polos veciños dos núcleos para a práctica deportiva e que necesitaban de diversos arranxos para incrementar as súas prestacións.

Trofeos de fútbol afeccionado, base e veterán do Concello

O Concello de Culleredo celebra este mes os trofeos de fútbol afeccionado, base e veterán segundo este calendario.

Cursos do Clube de Natación As Mariñas en agosto

O Clube de Natación As Mariñas celebra en agosto cursos intensivos de natación. Serán no parque acuático de Acea de Ama , contando coa colaboración do Concello de Culleredo.

Cursos intensivos de natación en Culleredo

O Club Natación Culleredo, coa colaboración do Concello, lanza os seus cursos intensivos de verán. Serán en xulio na piscina de Acea de Ama.

Sorteo de prazas para os campamentos da Deputación

Ponse en coñecemento que o sorteo para a asignación de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña celebrarase o vindeiro xoves 4 de xuño as 10:30 horas nas dependencias do Conservatorio Municipal de Música.

O Concello celebra a fase final do XVII Campionato de Tute

O Concello de Culleredo acaba de arrincar coa fase final do seu Campionato de Tute, que alcanza este curso o seu XVII edición. Trátase dunha competición moi arraigada en todas as parroquias cullerdenses, cunha participación anual de centos de persoas.

Masterclass de zumba contra o cancro

Este fin de semana Culleredo albergará unha xornada de deporte solidario para colaborar na loita contra o cancro. Ás 18.00 horas do sábado, celebrarase no pavillón do colexio Ría do Burgo unha masterclass de Zumba a cargo da monitora Berta Paz á que poderán asistir persoas de todas as idades.

Nova pista deportiva para os veciños da Zapateira

O Concello de Culleredo incrementa o seu mapa de infraestruturas deportivas de uso público. O goberno local acaba de concluír a construción dunha nova pista polideportiva na parroquia de Orro, para dar servizo aos veciños das urbanizacións Vallesur e Os Olivos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina