O paseo marítimo do Burgo acollerá o domingo, 1 de xuño, a terceira edición da Carreira pola Ría, cunha participación prevista de máis de 1.000 persoas. Está organizada pola asociación Castelo Deporte, coa colaboración do Concello. O carril bici quedará pechado por este motivo en horario de 10.00 a 15.00 horas.
O polideportivo municipal de Vilaboa e o de Almeiras foron designados como colexios electorais para as próximas Eleccións Europeas do 25 de maio, ocasionando cambios no seu uso.
O Concello de Culleredo ten aberto o prazo de inscrición nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña para este ano. Os interesados poden anotarse ata o día 19 nos rexistros municipais.
O pasado venres 9 de maio deu inicio no Edificio Electo Carballo a fase final do XVI Campionato de Tute Concello de Culleredo. Son un total de 66 parellas as clasificadas, nas distintas sedes.
Culleredo acolle a partir de hoxe luns, 5 de maio, un curso de iniciación ao tiro con arco. Estará impartido polo Club de Tiro con Arco A Garrocha, situado na contorna de Tarrío, á saída da Terceira Rolda, coa colaboración do Concello de Culleredo
O monte Xalo baterá marca de asistencia na V Travesía do Xalo, que se desenvolverá o domingo, 27 de abril, en Culleredo. Organizada pola asociación Castelo Deporte coa colaboración do Concello de Culleredo, a cita reunirá a máis de 500 participantes nas diferentes modalidades que propón.
O goberno de Culleredo deseñou unha modernización total do campo de fútbol de Rutis, atendendo así á clara necesidade de mellorar as condicións do campo, manifestada polos usuarios. E é que o municipio conta cuns 1.500 veciños que practican fútbol nas diferentes categorías.
Culleredo será o domingo, 30 de marzo, a capital comarcal do judo. Máis de 400 nenos judokas participarán nos Xogos de Amizade, que se desenvolverán no polideportivo do colexio Rías Altas, na Zapateira.
O monte Xalo prepárase para acoller o vindeiro domingo, 30 de marzo, a cuarta edición do Descenso do Xalo. Será a primeira proba do Open Galego de descenso de bicicleta de montaña, polo que reunirá a deportistas de renome desta modalidade a nivel nacional.
Culleredo celebra este sábado, 22 de marzo, a segunda edición do Día do Patín, unha festa da patinaxe artística pensada para toda a familia. O II Día do Patín terá lugar no polideportivo municipal de Tarrío, en horario de 11.00 a 13.00 horas. O evento está pensado tanto para nenos como para adultos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER