O II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.
A Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa V edición con 250 participantes inscritos. A Marcha, que partirá e terminará en Tarrío, encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural.
O polideportivo de Tarrío será esceario esta fin de semana da segunda edición do ‘Castelo Non Para’, o maratón de fútbol sala organizado pola Asociación Castelo Deporte en colaboración co Concello. Serán 24 horas ininterrompidas de deporte e convivencia.
O polideportivo do Burgo será o esceario do Deportivo - Oporto da liga de veteranos de fútbol indoor. O Concello e o equipo piden o máximo apoio dos afeccionados para derrotar a un rivil complicado e case asegurarse o pase á seguinte fase.Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER