Campionato de Tute, 5ª Xornada o venres 15 de xuño dende as 21:00 horas no Centro Social de Rutis (Vilaboa) e resultados da 4ª Xornada no arquivo que se achega.
17ª Festival de Ximnasia Rítmica
Domingo 10 de xuño no Polideportivo do Burgo ás 12:00 horas.
Campamentos Deportivos Deputación 2012
Sorteo Público de Prazas o vindeiro martes 12 de xuño ás 11:30 horas no Edificio De Servizos Múltiples de Culleredo.
O polideportivo do Burgo acolle este domingo 3 de xuño, o XV Festival de Aeróbic Escolar. No arquivo adxunto pódense ver os horarios e colexios e clubs participantes.
31 TORNEO MUNICIPAL DE CHAVE DE CULLEREDO
Campo de fútbol de Almeiras.
Sábado 2 de xuño a partires das 17.30 horas.
Organiza: Concello de Culleredo.
I Campus de Balonman de Culleredo.
Do 25 de xuño ao 31 de agosto de 2012. Inscricións semanais ou quincenais nen@s dende 5 ata 14 anos no Pavillón Municipal de Tarrio. Para mais información ver o arquivo que se achega.
O Burgo acollerá do 25 ao 29 de xuño, primeira semana de vacacións escolares, o IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo", organizado polo Clube Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello e con Gadis Híper do Burgo. Os pequenos, ademais do deporte, desfrutarán de actividades acuáticas ou xogos no horario de 8.30 a 19.00 horas que permite a actividade.
O Concello de Culleredo informa do proceso a seguir para os interesados en participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2012. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de xuño. A quenda para os cullerdenses será do 15 ao 21 de xullo.
O II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER