Os nenos revolucionaron a casa consistorial de Culleredo. O Concello abriu as súas portas aos escolares, na actividade denominada “A Constitución e a administración local”, organizada pola Concellería de Educación, para achegar a administración de forma didáctica aos rapaces. En total, o número de participantes será de 266 alumnas e alumnos de 4º de E.P., que acoden acompañados dos seus titores, cos colexios CPR Plurilingüe Andaina, CEIP Sofía Casanova, CEIP Plurilingüe Tarrío, CEIP Ría do Burgo e CEIP Díaz Pardo.
O Concello de Culleredo abre unha liña de colaboración e apoio cos afectados polas preferentes. Así o concretaron os responsables da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas, que foron recibidos na casa consistorial polo alcalde, Julio Sacristán, e a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.
Ante o temporal que se prevé para a tarde de hoxe, o Concello de Culleredo anuncia a suspensión das actividades ao aire libre nos campos de fútbol. Ademais non se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio. Con esta medida, o Concello quere garantir a seguridade dos veciños dadas as malas condicións meteorolóxicas previstas.
O Concello de Culleredo desenvolverá obradoiros de promoción da alimentación saudable entre o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Blanco Amor. Ten como obxecto o fomento dunha alimentación sá entre a poboación xuvenil. As actividades realizaranse entre o 14 e o 23 de xaneiro para 1º da ESO, e entre o 20 e o 28 de febreiro para os de 2º. Da iniciativa beneficiaranse 375 alumnos.
O plan de dinamización do sector hostaleiro que promoveu o Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal concluíu co entrega da tablet sorteadas ao abeiro das estreadas Rutas Barítimas. Tratouse dunha iniciativa organizada polo Concello para incentivar o “tapeo” polo municipio. Un total de 31 establecementos hostaleiros participaron neste novidoso formato.
O Concello de Culleredo informa de que o vindeiro día 14 de xaneiro comezan as clases do programa “Ponte a Punto”. Quedan aínda prazas vacantes para aquelas persoas que queiran apuntarse, segundo figura na información que se adxunta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER