Un total de 188 rapaces de 6º de Primaria dos colexios Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío e Sofía Casanova participaron no pleno infantil do Concello de Culleredo. Os representantes de cada clase de cada colexio conformaron a corporación infantil, sentándose nos lugares que habitualmente ocupan os grupos políticos. A alcaldesa infantil, Salma Santiso, dirixiu a sesión asesorada por Julio Sacristán e a concelleira de Educación, Carmen Varela.
O Concello de Culleredo, xunto coa Asociación de Comerciantes de Culleredo, levarán a cabo unha ampla campaña de Nadal coas miras postas na dinamización tanto do sector comercial coma do hostaleiro. Obradoiros de adornos, bisutería creativa, gastronomía, reciclaxe, agasallos, galletas, e torneos de videconsolas, competicións de baloncestos, parque de educación vial, e a tradicional cabalgata serán algunhas das iniciativas para dinamizar Culleredo. No sector hostaleiro, o Concello creará as chamadas Rutas Barítimas.
Postais, bolas para os árbores de Nadal, coroas e adornos son as creacións que están a facer os alumnos do centro ocupacional municipal A Escada. O obxectivo é vendelos para recadar cartos para o fondo para emerxencia social do Concello. A Escada admitirá pedidos vía telefóno, mail ou Facebook. Ou en persoa. “Os alumnos están moi animados en contribuír ás axudas para emerxencia do Concello”, apunta Raquel Jabares.
O Concello de Culleredo organiza unha campaña de recollida de xoguetes para as familias do municipio con necesidade. Os xoguetes, en bo estado, poden depositarse nas caixas habilitadas nos centros municipais, colexios ou nas dependencias de Cáritas. Finalizará o vindeiro 21 de decembro. Tamén se pode colaborar na campaña como voluntario para a selección e empaquetado de regalos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER