O Concello de Culleredo instalou elementos de iluminación de Nadal nas rúas do municipio, que funcionarán do 7 de decembro ao 6 de xaneiro entre as 18:30 e a 2:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético. Os elementos decorativos de iluminación están subvencionados pola Deputación da Coruña.
A Asociación ANHIDACORUÑA de persoas con TDAH, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, celebrará o vindeiro día 15 de decembro, ás 12.00 horas, e no Conservatorio profesional de música de Culleredo, o seu I Festival de Nadal. A actividade, un festival de variedades, será desenvolvida polos propios alumnos e alumnas e pais e nais da asociación. Eles serán os artistas con panxoliñas, bailes e actuacións de humor. Contarase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do propio Conservatorio.
O Concello de Culleredo, coa colaboración de Autoescola San Martín, celebra este fin de semana (días 15 e 16 de decembro) no Burgo dúas actividades en paralelo relacionadas coa seguridade viaria. Por unha banda, terá lugar un curso de condución segura para mozas de 18 a 30 anos, e polo outro, un parque infantil de educación viaria. A este parque están convidados a cudir todos os nenos até os 14 anos provistos das súas bicis, patíns e outros accesorios deportivos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER