O pleno de Culleredo aprobou o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello. Trátase da regulación dos arquivos, automatizados ou non, que conteñen e procesan datos persoais. O regulamento determina a finalidade de cada ficheiro, as persoas ou colectivos dos que se obteñen, a súa estrutura e descrición ou o órgano responsable do mesmo. Ademais o pleno acordou delegar na Deputación da Coruña a tramitación dos certificados electrónicos.
O Ministerio de Fomento aproba a proposta de modificación da liña límite de edificación na Terceira Ronda e na autovía de acceso ao aeroporto de Alvedro elevada polo Concello de Culleredo. Os veciños da Urbanización Augas Mansas solicitaran o a fixación das aliñacións nesta urbanización, co fin de que excepcionalmente non fóra de aplicación a Lei de Estradas nesta urbanización e evitar así que parte dela quedase fora de ordenación.
A Travesía do Xalo, nas súas modalidades de carreira e andaina, celebrarase o domingo 28 de abril co récord de participación de 400 persoas. A proba, organizada pola asociación Castelo Deporte, e que conta coa colaboración do Concello de Culleredo, está previsto que comece ás 9.30 horas no caso da carreira e ás 10.00 horas no caso da andaina.
O Concello de Culleredo desenvolve esta semana unha actividade, en colaboración coa agrupación Ancoradoira, para ensinar aos escolares as características do folclore galego. Na actividade, denominada “Musícate” participa o alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e do CEIP Ría do Burgo (A Corveira). O alumnado nocións básicas acerca do traxe tradicional galego, instrumentos musicais e bailes típicos galegos. Ademais, aprenden a bailar un deles.
O Concello de Culleredo aproba a cesión dun local a Correos para que poida ofrecer os seus servizos postais aos veciños da zona do Burgo. Trátase dun espazo de 34 metros cadrados de superficie, situado na antiga Casa da Xuventude, sita na rúa Alfonso VII do Burgo. A cesión do local prodúcese por un prazo de 12 anos, prorrogables ata un máximo de 24.
O Concello de Culleredo é premiado pola súa campaña de promoción á lectura por parte do Ministerio de Cultura tras a reunión da comisión de avaliación do premio "María Moliner". En concreto, débese á actuación emprendida polas bibliotecas cullerdenses, coa súa mascota a Dragona Ramona, coa que se fomentou o hábito da lectura entre os usuarios máis pequenos. O Concello recibirá do ministerio un lote de libros co que se distingue aos proxectos merecedores deste recoñecemento.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER