Xa está aberto o prazo de inscrición nos campamentos deportivos que desenvolverá no verán a Deputación da Coruña, para rapaces nados entre 1999 e 2003. A Culleredo correspóndelle a segunda quenda, do 7 ao 13 de xullo de 2013. Os interesados dispoñen ata o 16 de maio para formalizar a inscrición no rexistro xeral do Concello, entregando a ficha de inscrición cuberta e a fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
As pequenas promesas do teatro de Culleredo están xa ás portas da gran estrea das súas obras. Será o próximo fin de semana, con sesións o sábado 4 ás 20.00 horas e o domingo 5 ás 19.00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, cando a compañía de teatro El Ruiseñor, presente á súa canteira ante o público. O Concello augura cheo total no auditorio.
O Concello promove o obradoiro "O teu prato de presentación", no que se abordarán conceptos básicos sobre alimentación e hábitos saudables. A iniciativa, dirixida ás familias e aos adolescentes, ten como finalidade a de desenvolver habilidades sociais positivas nos participantes así como a mellora do funcionamento familiar (comunicación, reparto de tarefas domésticas, etc...). Levarase a cabo os días 30 de abril e o 7,14,21 e 28 de maio.
O Xardín Botánico do Burgo acolle a celebración un obradoiro de fotografía ambiental, enmarcado no III Congreso Natureza e Imaxe que organiza o CEIDA, en colaboracion co Concello de Culleredo. Terá lugar os vindeiros días 9 e 10 de maio. Será impartido por Fran Nieto, fotógrafo especializado en macrofotografía e paisaxe.
O Concello de Culleredo impulsa unha reorganización do cuadrante da Policía Local tras a aprobación do convenio co persoal acordado polo pleno o pasado xoves. Os cambios permitirán unha mellor atención, co traballo diario diúrno de dous ou tres patrullas e o reforzo do servizo nocturno na fin de semana. A Policía conta ademais cunha nova unidade de atestados.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER