O Concello executa as obras de urbanización da parcela para un futuro colexio

O Concello de Culleredo xa ten en marcha as obras de urbanización da parcela que acollerá un novo colexio de educación infantil e primaria. Sitúase na avenida de Rutis, entre Vilaboa e O Burgo, e o proxecto ten como obxectivo dotar ao terreo dos servizos necesarios para a construción do centro de ensino.

O Concello comezou as obras de modernización do campo de fútbol de Rutis

O Concello de Culleredo iniciou na mañá de hoxe as obras de remodelación do campo de fútbol de Rutis, unha das grandes actuacións fixadas polo goberno municipal para este ano. Trátase dunha das infraestruturas deportivas con maior uso por parte dos veciños e con maior tradición dado que é a "casa" do Olímpico de Rutis en todas as súas categorías.

Romería de San Blas

Data : 
16/02/2015 - 13:00 - 18:00

Gran festa de Entroido

Data : 
14/02/2015 - 17:00 - 19:00

Tertulia de historia

Data : 
11/02/2015 - 11:30 - 13:00

Contos en inglés

Data : 
13/02/2015 - 18:30 - 19:30

Contacontos coa Dragona Ramona

Data : 
06/02/2015 - 18:30 - 19:30

O Concello organiza unha festa de Entroido e unha viaxe a Portugal para os maiores

O Concello de Culleredo organiza unha festa especial de disfraces para este Entroido pensada para maiores de 65. Terá lugar o próximo día 13 de febreiro no Centro Social O Noso Lar, en Tarrío, ás 5 da tarde. E o 4 e 5 de marzo, unha escapada ao SPA de Monçao.

Aprobadas 23 resolucións para instar a propietarios á limpeza inmediata de fincas

A xunta de goberno local, celebrada onte, aprobou un total de 23 resolucións para instar os propietarios a que procedan á limpeza dos seus terreos, dando cumprimento á obrigación que teñen, coa finalidade de garantir a salubridade da súa parcela.

Culleredo promociona esta semana a donación de órganos e tecidos entre os adolescentes

O Concello de Culleredo leva a cabo esta semana o "Proxecto Salvavidas" promovido por Alcer Culleredo. Son unhas xornadas de concienciación e información cidadá orientadas aos alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Estas xornadas desenvolveranse até este venres da man da asociación Alcer Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina