O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
Culleredo ten este verán a tres veciños moi especiais. Son Laarusi, Hamza e Hakim, tres nenos saharauís acollidos por tres familias cullerdenses grazas ao programa Vacacións en Paz que desenvolve Sogaps (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).
O Concello de Culleredo ofrece xa información turística aos seus visitantes. Grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, o goberno local contratou a un técnico de turismo, reabrindo a oficina municipal de información sita no Burgo, xunto á ponte sobre a ría.
Mañá, venres 11 de agosto, o Campo de Rutis e o do Burgo acollen o primeiros partido do Torneo de Fútbol do Concello de Culleredo. Ás 21 horas o Olímpico de Rutis 'A' medirase ao seu equipo 'B' e, doutra banda, o Sporting Burgo enfrontarase á UDJ Almeiras; dando o pistoletazo de saída a un mes de agosto cheo de partidos. O torneo divídese en tres categorías: Afeccionado, Veterán e Infantil e participan os seis equipos do Concello: Olímpico de Rutis, Sporting Burgo, UDJ Almeiras, AD Culleredo, Portazgo SD e CF Fontemaior.
Un novo plan de investimentos froito do acordo entre o goberno local e a Marea Veciñal de Culleredo está aprobado de forma inicial. O Concello elevou a proposta ao pleno municipal cun resultado positivo ao non producirse ningún voto en contra.
As clases de ximnasia ao aire libre que organiza no verán o Concello de Culleredo espertaron gran interese nesta primeira semana. Máis de 100 veciños animáronse a participar nalgún dos puntos onde se celebran as sesións, abertas ao público sen necesidade de inscrición previa.
Os mozos de Culleredo tamén tiveron os seus propios campamentos, organizados polo Concello. O venres clausuráronse as actividades, nun acto que tivo lugar no IES Rego de Trabe coa asistencia do concelleiro de Deportes e Xuventude, Miguel Suárez.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER