PERSOAS DESTINATARIAS
Persoas maiores de 16 anos empadroadas no concello de Culleredo:
MÓDULOS QUE OFRECEN AS AULAS ABERTAS
"Cociña de aquí e habilidades domésticas", destinado básicamente a persoas estranxeiras para facilitar a adaptación e a búsqueda de emprego como empregadas/os do fogar."Coidadores de asistentes persoais e canguros", destinado a persoas con baixa cualificación profesional que queiran acceder ao mundo laboral neste eido.
"Aulas de familias", que ten como obxectivo a formación de pais e nais na educación dos seus fillosou fillas. Consiste nunha sesión formativa mensual a cargo de profesionais
"Aprendendo a usar o móbil" Trátase dun obradoiro de achegamento ás novas tecnoloxías. Teñen lugar en 6 sesións ao longo do ano.
"Diferentes pero iguais" Formación específica nas novas tecnoloxías para persoas con discapacidade intelectual media.
" O teu novo idioma, o teu novo país" módulos dirixidos a persoas estranxeiras na aprendizaxe da lingua galega e na lingua española así como do sistema de funcionamento de organismos como o sistema de saúde, o educativo, seguridade social, etc.
"Aulas de números, letras e memoria" para a aquelas persoas que buscan manter a mente activa e desenvolver habilidades básicas de cálculo, e a espresión oral e escrita.
Módulos especiais das aulas Abertas
CALENDARIO FORMATIVO
De xaneiro a xuño e de outubro a decembro
A duración é de 9 meses
Horarios variables:
Mañá, de tarde ou nocturno dependendo do grupo.
Almeiras | O Burgo (grupo de nivel I e II) |
Castelo (grupo de nivel I e II) | O Burgo (grupo de pregraduado) |
Tarrío | O Burgo (grupo para persoas con discapacidade intelectual) |
Celas (grupo de nivel I e II) | O Burgo (grupo "O teu novo país" para persoas extranxeiras) |
Ledoño (grupo de nivel I e II) | O Burgo (grupo de aprendizaxe do idioma para persoas extranxeiras) |
Sésamo (grupo de nivel I e II) | O Burgo (4 grupos de informática para niveis iniciais) |
Veiga (grupo de nivel I e II) | O Burgo (aula de cociña de aquí e habilidades domésticas) |
Vilaboa (grupo de nivel I e II) | O Burgo (Aula de asistentes persoais e canguros) |
Vilaboa (aula de familia) | O Burgo (Aula de inglés partindo de cero) |
ACCESO AO SERVIZO
Solicitando información no Centro de Servizos Sociais
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER