Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias ante problemáticas diversas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.,
Un equipo profesional interdisciplinar formado pola traballadora social, unha educadora, unha psicóloga, e unha mediadora intervén conxuntamente cos integrantes de cada unidade de convivencia deseñando vías de resolución das problemáticas que presentan a fin de evitar riscos de desestructuración ou exclusión social.
Consiste nun conxunto de actuacións profesionais e de mobilización de recursos que tenta dar unha resposta integral ás necesidades detectadas no ámbito da unidade convivencial: conflitos relacionais, atención a menores, precariedade socioeconómica, risco de exclusión social, desarraigo, toxicomanías, entre outras. Un equipo interdisciplinar formado por traballadoras sociais, pedagoga, psicóloga, mediadora e educadoras sociais responsbilizarase da intervención para cada caso. |
Poboación destinataria
Consiste na prestación dun servizo especializado levado a cabo por unha psicóloga que intervén a petición expresa daqueles usuarios/as, que ante unha situación de inestabilidade psicolóxica persoal, de parella ou familiar, logo de seren entrevistados pola súa traballadora social, solicitan a intervención dunha profesional para a mellor solución do seu problema. |
Persoas destinatarias
Persoas empadroadas en Culleredo en situación de inestabilidade psicolóxica persoal, de parella ou familiar.
O apoio que se presta dende este servizo pode ser individual ou grupal:
PROGRAMA DE ALOXAMENTO E VIVENDA
Ten por obxecto posibilitar un aloxamento provisional e con carácter urxente a aquelas persoas que se atopen en situación de emerxencia persoal ou familiar e que non é posible a permanencia no propio fogar ou que este non exista.
Culleredo dispón dunha vivenda municipal destinada a situacións de desaloxamentos, perda de vivenda habitual por catástrofes e outras situacións de emerxencia social.
Información sobre o acceso á vivenda: alugueiro de vivendas, vivendas sociais, residencias, centros de día, aloxamentos alternativo: hospedaxes, axudas económicas para rehabilitación rural e urbana, para arranxo de infravivenda...
SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA
Trátase dun proxecto preventivo e de detección e intervención precoz sobre as problemáticas que poidan presentar menores e adolescentes de Culleredo, que na maioría dos casos, conecta co ámbito da intervención familiar, co fin último de:
As actividades que se desenvolven arredor deste servizo están relacionadas con:
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER