PROXECTO CENTRO OCUPACIONAL MUNICIPAL "A Escada"
DEFINICIÓN E XUSTIFICACIÓN
O Centro Ocupacional "A Escada" é un centro de carácter formativo e prelaboral para persoas adultas con discapacidade intelectual media, no que se contempla o fomento de habilidades laborais, de terapia ocupacional e de axuste persoal; orientándose ao emprego ordinario, ou a emprego en empresas protexidas como Centros Especiais de Emprego.
Doutra banda foméntanse actividades convivenciais que favorecen a socialización das persoas con discapacidade intelectual, a participación das súas familias neste proceso, e de todos eles no seu medio.
CALENDARIO FORMATIVO:
De xaneiro a decembro
ACCIÓNS NO CENTRO OCUPACIONAL "A ESCADA"
Accións de adestramento en hábitos laborais:
Obradoiros de habilidades sociais e da vida diaria:
Obradorios de actividades deportivas:
Obradoiros de habilidades artísticas:
Obradoiros de habilidades tecnolóxicas:
Accións de seguemento pedagóxico:
Xuntanzas coa familia: Reunión de inicio de curso onde se explica as actividades que se van realizar ao longo do curso.
Reunión a remate de curso para abordar temas como a clausura e o campamento de verán.
PERSOAS DESTINANTARIAS
Persoas con discapacidade intelectual de grao lixeiro ou medio que necesitan dun espazo, provisional ou definitivo, para a súa formación e ocupación sociolaboral. As condicións de acceso son as seguintes:
A EQUIPA
Unha pedagoga dirixe o centro quen xunto coa monitora dos obradoiros e o persoal colaborador (psicóloga, persoal de prácticas, voluntariado, etc) desenvolven o programa anual de centro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER