Centro municipal de personas maiores

 Foto do edificio  

CENTRO MUNICIPAL DE PERSOAS MAIORES

É un servizo que ten como finalidade facilitarlle á xente maior un envellecemento activo e fomentar a calidade de vida na etapa de vellez previndo posibles situacións de desarraigo ou de exclusión social e promovendo ao máximo a autonomía persoal das persoas maiores.

A través das actividades programadas dende o centro, preténdese facilitar o uso e disfrute dos recursos da comunidade na que vive, achegarse á cultura propia e facilitar un óptimo estado de benestar.

O Centro ten unha estructura asamblearia e xestiónase dende a Concellaría de Benestar Social en coordinación cunha xunta de delegados/as parroquiais que son elixidos democraticamente cada catro anos polos propios socios e socias do centro como representantes dos maiores de cada zona do concello.

O ser asociado do centro non ten custo algún.

PERSOAS DESTINATARIAS

Todas as persoas maiores empadroadas no concello de Culleredo que teñan as capacidades físicas e mentais axeitadas para participar nas actividades do centro e cumpran as condicións de acceso establecidas:

  • Ser maior de 60 anos
  • Estar empadroado/a en Culleredo.
  • Ser cónxuxe ou parella de feito do/a socio/a, calquera que sexa a súa idade
  • Casos especiais recollidos no regulamento vixente do centro

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

  • Fotocopia do D.N.I.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado
  • Dúas fotografías tamaño carné.
    (A comprobación de empadroamento faise de oficio dende o Centro)
 Edificio sara vazquez

A sede principal está no Centro social "Sara Váquez" ou Casa Rosa, na rúa Ramón Cabanillas, nº 12 15670 O Burgo,
Tel 981 665 335

Ademais dispón para a realización das actividades de centros sociais en todas as parroquias cullerdenses

  • Edificio de Servizos Múltiples O Burgo
  • Centro Social de Tarrio " Noso Lar "
  • Centro Socio-cultural de Almeiras
  • Centro Socio-cultural de Bregua
  • Centro Socio-cultural de Boedo
  • Centro Socio-cultural de Castelo
  • Centro Socio-cultural de Celas
  • Centro Socio-cultural de Ledoño
  • Centro Socio-cultural de Orro
  • Centro Socio-cultural de Portazgo
  • Centro Socio-cultural de Sueiro 
  • Centro Socio-cultural de Vilaboa
  • Pazo Vila Melania

foto de villa melania

ACCESO AO CENTRO:

Información no Centro Social "Sara Vázquez" (Casa Rosa)
O Burgo Rúa Ramón Cabanillas s/n.

teléfono 981 665 335

HORARIO

De luns a venres de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 21:00

ACTIVIDADES QUE SE OFRECEN

Nun programa anual calendarízanse as actividades que se desenvolven de xeito descentralizado nas distintas parroquias.

Servizo de Información especializado  

O Centro municipal de maiores conta cun Servizo de Información especializado (SIM) que informa de servizos e prestacións especificamente dirixidas ás persoas maiores: tramitación de solicitudes para programas de lecer como o termalismo social, vacacións para maiores e turismo social, doutros organismos e información sobre recursos municipais propios.

 Folleto actividades maiores

Actividades de fomento da calidade de vida e autonomía persoal

  • Roteiros saudables
  • Sesións de ioga, relaxación e estiramentos,
  • Obradorioros de reforzo da memoria.

Actividades de promoción cultural:

  • Obradoiro de " lectura de xornais"
  • Visitas a lugares de interese cultural
  • Clube de lectura

Actividades de fomento da creatividade:

  • Expresión dramática e interpretación teatral
  • Obradoiros de artesanía
  • Obradorios de cociña.
  • Obradorios de fíos e abelorios
  • Obradoiro de pintura

Actividades de convivencia e participación social:

  • Viaxes, 
  • Xantares de convivencia
  • Festas e bailes 
  • Asembleas

Custo: Unha ordenanza municipal regula anualmente os prezos de cada actividade.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina