O Concello de Culleredo amosa o seu apoio á veciñanza que se atopa en situación de risco social. O goberno local efectuou a contratación de 10 persoas para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
O Concello de Culleredo impulsará durante os meses de xullo e agosto os talleres lúdico educativos, baixo as denominacións 'Menuda tribo', ‘Cullernautas’ e ‘Somos unha piña’. Estarán dispoñibles en tres quendas: a do 20 ao 31 de xullo; a do 3 ao 14 de agosto e a do 17 ao 28 de agosto.
O vindeiro xoves, 25 de xuño, terá lugar a sesión ordinaria do Pleno do Concello de Culleredo, ás 13:30 horas e que se poderá seguir en vivo a través da canle oficial de YouTube.
Podes acceder a canle premendo aquí
O Concello de Culleredo ofertará actividades infantís para a conciliación durante o verán. A emerxencia sanitaria polo COVID-19 impediu a organización dos habituais campamentos nos colexios, pero para proporcionar outra opción ás familias o goberno local impulsa estes obradoiros lúdico-educativos.
O Concello de Culleredo fai saber, mediante a emisión do presente bando, que non estarán permitidas as lumeiradas en espazos públicos para este San Xoán.
Hoxe, luns 15 de xuño, celebrouse unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 10:00 horas.
O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo ofrece 15 prazas nas especialidades vacantes para o curso 2020/2021. Trátase dun posto para clarinete, tres para guitarra, un para percusión, tres para piano, un para trompeta, tres para violín e outro para violoncelo.
Consulta no arquivo .pdf adxunto nesta nova os horarios do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo para o curso 2019/2020, así como para as probas de acceso para o 2020/2021.
Mañá, venres 5 de xuño, terá lugar a sesión extraordinaria do Pleno da corporación do Concello de Culleredo.
Unión Fenosa Distrubición informa dun corte programado do servizo eléctrico para o vindeiro 5 de xuño en Boedo e Bregua.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER