Convocatoria extraordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo con data 10 de setembro

Mañá, xoves 10 de setembro, terá lugar a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo, coa seguinte orde do día:

I Carreira Online de Asotrame, do 11 ao 27 de setembro

O próximo 11 de setembro dará comezo a I Carreira Online de Asotrame, un evento que durará ata o 27 de setembro. Conta coa colaboración do Concello de Culleredo, co obxecto de acadar fondos para programas da entidade.

Petición de medidas de seguridade en infantil e primaria ante o inicio do curso

As ANPA de Culleredo, co apoio do Concello, reclaman á Xunta de Galicia medidas para incrementar a seguridade do alumnado de Infantil e Primaria no inicio do curso escolar.

Corte da iluminación pública na avenida Niceto Alcalá-Zamora

O Concello de Culleredo informa de que na noite de hoxe, martes 1 de setembro, permanecerá sen servizo parte da iluminación pública da avenida Niceto Alcalá-Zamora por motivo das obras nun establecemento industrial que se está a construír na contorna.

Reapertura da Biblioteca Municipal de Vilaboa

O Concello de Culleredo informa de que o próximo día 1 de setembro abrirase de novo a Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, situada en Vila Melania. O horario será de 9.00 a 14.00 horas. 

Corte de Tierno Galván polas obras de Fenosa na liña de alta tensión

O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a rúa Profesor Tierno Galván desde mañá xoves 27 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa. 

Preinscrición para as Escolas Municipais 2020-2021 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo pon a disposición da veciñanza a preinscrición para as escolas municipais durante o vindeiro curso. 

Pleno ordinario 25/06/2020

Bando municipal coas recomendacións sanitarias para frear a expansión da COVID-19

Debido á evolución da situación epidemiolóxica, o Concello de Culleredo emitiu un bando para lembrar as medidas a seguir por parte da cidadanía como o obrigado uso da máscara e a recomendación dun lavado frecuente de mans e o mantemento da distancia de seguridade.
 

Corte de tráfico na avenida de Rutis desde o luns 10 de agosto

O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a avenida de Rutis desde o vindeiro luns 10 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina