O Concello de Culleredo realizará o próximo 23 de febreiro de 2021 un sorteo para distribuír as prazas dos hortos urbanos, xa que se rexistraron 105 solicitudes, un número moi superior ás ofertadas. En total, disponse de 39, a repartir entre o Xardín Botánico (24) e Vila Melania (14).
O Concello de Culleredo pon a disposición dos locais de hostalaría unha locución coas principais recomendacións sanitarias a seguir, e fomentar así unha correcta ocupación destes espazos.
A Deputación Provincial da Coruña convoca os cursos de Salvamento e Socorrismo Acuático do Plan de Emprego Local (PEL), dirixidos a mozos e mozas desempregados que sexan maiores de idade.
O Concello de Culleredo celebrará mañá, luns 18 de xaneiro, un pleno en convocatoria extraordinaria, que poderedes seguir en directo na canle oficial de YouTube da Administración local.
Desde marzo de 2020, como consecuencia da situación producida pola pandemia orixinada polo COVID-19, a renovación da demanda de emprego veuse realizando de xeito automático, non obstante, a partir do próximo 1 de xaneiro de 2021 será preciso volver a renovar nas datas indicadas no teu documento informativo de renovación de demanda.
O Concello de Culleredo celebrará o martes 29 de decembro, ás 10.00 horas, un pleno extraordinario. Poderá seguirse en directo pola canle de YouTube do Concello.
Consulta aquí os novos horarios, así como o mapa, da liña de transporte metropolitano da área da Coruña.
Podes descargar as imaxes adxuntas nesta nova.
Fotografías: Autos Calpita e Asicasa.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER