Rioboo e Feijoo reúnense para tratar temas de relevancia para Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, citáronse esta mañá nunha reunión para profundar en temas de gran calado para Culleredo.

Ambos os mandatarios víronse esta mañá en San Caetano e o tema central da entrevista foi o futuro máis inmediato da fábrica da  Cros, para o que se expón, entre outros proxectos, converter unha das naves nun centro de economía circular.

A iniciativa tivo unha gran acollida por parte do presidente da Xunta, que valorou este plan como “de gran interese e profundamente beneficioso para toda a área metropolitana da Coruña”, recalcou.

Por outra banda, Feijoo avanzou que mañá se aprobará no Consello da Xunta o decreto de utilidade pública das expropiacións para o proxecto da senda peonil e ciclista na AC-214, ademais das melloras expostas polo goberno local en materia de seguridade viaria na AC-523 e na AC-400, ao seu paso por Sésamo e Celas, dotándoas así de cadansúas sendas peonís e mellorar así as condicións lumínicas e rematar coa sinistralidade. A sinatura do convenio entre a Xunta e o Concello de Culleredo levarase a cabo nas vindeiras semanas.

Nas conversacións tamén houbo espazo para tratar o convenio entre o ente autonómico e o  Concello de Culleredo, mediante o cal se fará realidade a limpeza do leito fluvial do Río Trabe ao seu paso por Vilaboa, así como as necesidades de mellora na rede de abastecemento, para a cal “conta co total compromiso da Xunta de Galicia”, remarcou Feijoo.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, valorou a reunión como “moi importante o noso municipio”, na que a “cordialidade e bo entendemento” foron os leitos polos que se optaron para tratar situacións e problemáticas que ocupan o benestar "de milleiros de veciñas e veciños", salientou.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina