O ANPA do Conservatorio de Culleredo, en colaboración co centro, o Concello e a Secretaría Xeral pola Igualdade, continúa a súa firme aposta por unha educación en igualdade e organizará en novembro catro sesións versadas no devandito ámbito.
Desde mañá, xoves 21 de outubro, procederase ao corte da rúa Choeira, en Almeiras, por un período dun mes.
Esta situación débese ás obras de renovación do Camiño de Santiago que se están a realizar no Concello.
Tan só terán acceso as pesoas residentes da zona e habilitarase unha vía alternativa.
O Concello de Culleredo celeberará mañá, 20 de outubro, unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación.
O Concello de Culleredo continúa a súa aposta firme por loitar e cernar o absentismo escolar dos centros do municipio e durante estes días está a demostrar a dinámica de funcionamento do seu programa pioneiro a docentes de Calabria, o municipio italiano co que xa se elaboraron diversas colaboracións no pasado.
As actuacións, que comezaron esta semana no Burgo, suporán a ampliación de beirarrúas, sinalización, reordenación de pasos de peóns e instalación de medidas redutoras de velocidade.
O Concello de Culleredo, firme na súa aposta pola cultura universal, de calidade e segura, presentou hoxe un novo programa "Culleredo en escena".
O Concello de Culleredo informa do aprazamento do inicio do programa de actividades culturais e deportivas. O comezo, que estaba previsto inicialmente para o 4 luns 4 de outubro, producirase máis adiante, a medidos do mes de outubro, nun día que se anunciará con anterioridade.
Queres aportar o teu graíño de area? Desde a Culleredo Protección Civil e o Concello de Culleredo estamos promovendo unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas polo desastre natural da erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma.
A comunidade educativa manifestouse novamente esta mañá contra os recortes de Educación en materia de atención especial. Ás 9:10 horas tivo lugar unha concentración ás portas do CEIP Ría do Burgo, onde simbolicamente se prenderon globos de cores.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER