O Consello Escolar consegue o compromiso da Xunta para revisar a planificación académica e o catálogo de profesorado

O Consello Escolar de Culleredo reuniuse onte en sesión extraordinaria para abordar, novamente, unha das principais inquietudes xurdida na comunidade escolar desde o inicio do curso académico: O recorte de profesorado, de persoal coidador ou os cambios en horarios determinados pola Consellería de Educación.

O Concello de Culleredo licita a renovación da rúa Laxe

O Concello de Culleredo prepara a renovación da rúa Laxe, concretamente dos viais VP-23 e VP-29, cuxo proxecto está en fase de licitación e por un valor de 241.451,56 euros. As principais liñas de traballo deste proxecto céntranse nos aspectos de modernización de pavimentos, execución de labores de conservación e mantemento, mellora da drenaxe, reposición dos servizos afectados polas obras e renovación da sinalización. 

Seminario intensivo de defensa persoal feminina da Deputación da Coruña

Seminario intensivo de defensa persoal feminina organizado pola Deputación da Coruña.

No Concello de Culleredo terá lugar o vindero 11 de decembro.

O goberno local solicitará a colaboración da Subdelegación do Goberno tras os actos vandálicos desta fin de semana en Fonteculler

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá de urxencia coa concelleira de Seguridade Cidadá, a fin de analizar os feitos e poñelos en coñecemento da Subdelegación para que durante esta semana mantéñase unha reunión para dar solución aos problemas de convivencia que se xeran entre os clientes dun local de  hosteleria con licenza de lecer nocturno e os veciños da urbanización.

Corte nun sentido da circulación ao tráfico rodado da rúa Condes de Andrade

O Concello de Culleredo informa que procederá a cortar ao tráfico rodado nun sentido da circulación a rúa Condes de Andrade os vindeiros días 5 e 6 de novembro, venres e sábado respectivamente. 

Comezan os traballos de ampliación da DP-0510, en Orro

Hoxe, mércores 3 de novembro, comezaron as obras para a ampliación da vía DP-0510, estrada principal da parroquia de Orro. Os traballos terán unha contía de 1.067.267.71

CURSO DE MICOLOXÍA 2021

O Concello de Culleredo acollerá unha nova edición dos seus cursos de micoloxía. A formación incluirá clases teóricas no Pazo de Vila Melania os días 10, 11 e 12 de 20:00 a 21:30 horas e unha saída en bus na procura de cogomelos a Torrelavandeira, o sábado 13 de 09:30 a 14:00 horas.

Corte provisional na Avenida Ribados

O Concello de Culleredo informa que o vindeiro día 28 de outubro, xoves, e ata o vindeiro venres 29 do mesmo mes, a Avenida Ribados quedará parcialmente cortada ao tráfico rodado.

Culleredo súmase ás reivindicacións de ADACECO no Día Nacional do Dano Cerebral

O Concello de Culleredo sumouse hoxe ás reivindicacións de ADACECO no Día Nacional do Dano Cerebral. O alcalde, José Ramón Rioboo, asistiu ao acto en María Pita e non quixo deixar pasar a oportunidade de “poñer en valor a loita diaria tanto das persoas que sofren esta doenza como de todos os familiares”, subliñou, á vez que destacou a “sorte” que ten Culleredo ao poder contar cun centro de ADACECO na  Corveira, “onde se realizar un traballo excepcional”.

Sesión ordinaria do Pleno da corporación con data 28 de outubro de 2021

O Concello de Culleredo celebrará este xoves, 28 de outubro, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación, que se poderá seguir na canle oficial de YouTube da Administración local. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina