Culleredo reafirma a súa solidariedade coa doazón de máis de 200 quilos de alimentos para as familias máis necesitadas

O pobo de Culleredo amsosou novamente a súa solidariedade ao achegar máis de 200 quilos de alimentos para que non falten durante as Festas en ningún fogar do municipio. As veciñas e veciños achegáronse ata os puntos de depósito, instalados grazas á colaboración da ANPA Rosalía de Castro, do CEIP de Tarrío, e á que este ano tamén se sumaron as organizacións de pais e nais do Vila de  Rutis e do Sofía  Csanova. As preferencias foron os produtos típicos do Nadal, como turróns ou  polvoróns, pero tamén fixeron chegar leite, aceite ou conservas.

As ANPA’ s, en colaboración coa concellería de Educación e Cruz Vermella, apostaron novamente por unha campaña que xa obtivo unha magnífica resposta veciñal na pasada edición. Repartíronse a través de Cruz Vermella, coa que traballa o Concello de Culleredo na resposta social de primeira necesidade.

Á recollida asistiron Diego García, voluntario de Cruz Vermella, e Iosu López, responsable da área de Servizos Sociais, quen novamente e en nome do Concello agradeceu “a onda colaborativa por parte das nosas veciñas e veciños, que nunca dan as costas aos que máis o precisan”, sinalou. Así mesmo, tamén agradeceu a implicación "das asociacións de pais e nais que participaron nesta iniciativa".

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina