O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 24 de setembro, o pleno ordinario da corporación, ás 13:30 horas.
Llega800 xestiona as incidencias na recepción do sinal TDT causado pola activación da tecnoloxía 4G en Culleredo totalmente de balde para as persoas usuarias.
Lembra que xa se poden reservar as entradas para as obras do I Ciclo Cultura con Conciencia, certame que dará comezo este xoves 24 de setembro.
Mañá, xoves 10 de setembro, terá lugar a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo, coa seguinte orde do día:
O próximo 11 de setembro dará comezo a I Carreira Online de Asotrame, un evento que durará ata o 27 de setembro. Conta coa colaboración do Concello de Culleredo, co obxecto de acadar fondos para programas da entidade.
As ANPA de Culleredo, co apoio do Concello, reclaman á Xunta de Galicia medidas para incrementar a seguridade do alumnado de Infantil e Primaria no inicio do curso escolar.
O Concello de Culleredo informa de que na noite de hoxe, martes 1 de setembro, permanecerá sen servizo parte da iluminación pública da avenida Niceto Alcalá-Zamora por motivo das obras nun establecemento industrial que se está a construír na contorna.
O Concello de Culleredo informa de que o próximo día 1 de setembro abrirase de novo a Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, situada en Vila Melania. O horario será de 9.00 a 14.00 horas.
O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a rúa Profesor Tierno Galván desde mañá xoves 27 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O Concello de Culleredo pon a disposición da veciñanza a preinscrición para as escolas municipais durante o vindeiro curso.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER