O Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.
A rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.
O alumno de Clarinete Diego Camiños Blanco representará ao Conservatorio de Culleredo no concurso que se celebrará o mércores 16 de novembro na súa Fase Autonómica, na Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela. O acto comezará A partir das 16:30 hora.
A mostra colectiva "Pintando á natureza", da asociación de Artistas Plásticos de Galicia chega á sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama. A inauguración será o venres 11 ás 20.30 horas.Para más información, dirijirse a la Concejalía de Deportes y Participación Ciudadana, en el edificio de Servicios Múltiples. Téléfono: 981665597 / e mail: deportes@culleredo.org
O Concello de Culleredo abrirá a finais de ano un novo local en Fonteculler, na praza Daniel Rodríguez Castelao, que acollerá a celebración de diferentes actividades e actos e a atención de Servicios Sociais. Desta forma, o goberno municipal querer achegar as iniciativas das distintas concellarías e o traballo social aos veciños de Fonteculler.Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER