O Concello de Culleredo comeza os traballos de reparación do paseo do Río Trabe, que conecta O Burgo con Vilaboa, e que foi executado pola Xunta de Galicia. Unha vez finalizada aquela actuación apareceron vicios ocultos que danaron gravemente o paseo. En vista da falta de actuación autonómica, o Concello decidiu asumir a intervención.
O Campionato de Tute Concello de Culleredo alcanza a súa XIV edición coa participación de 80 parellas nesta fase final. O venres 18 de maio celebrouse a primeira xornada desta fase, coa presencia do concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado. O venres 25 continuará coa segunda.
31 TORNEO MUNICIPAL DE CHAVE DE CULLEREDO
Campo de fútbol de Almeiras.
Sábado 2 de xuño a partires das 17.30 horas.
Organiza: Concello de Culleredo.
SÁBADO 9 DE XUÑO DE RUTA POLA COMARCA DO BARBANZA
Prezo do xantar e visita: 14 euros (Menú: Empanada, pescada á galega, ternera asada, postre, bebida e café).
Artesanía e folclore galego foron os principais ingredientes do 17 de maio en Culleredo. Unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana instalaron o seu posto na praza para ofrecer ao público os seus traballos. Mentres os veciños e visitantes podían descubrir estes produtos artesáns, a feira estivo amenizada por diferentes actuacións en distintas modalidades para celebrar a festividade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER