A programación das bibliotecas de Culleredo chega en marzo con contos para bebés, talleres de reciclaxe e dúas citas coa Dragona Ramona

Empezarán o vindeiro xoves 9 con Marisa Irimia no Burgo ás 17:00 horas.

O Concello de Culleredo inaugura polo 8M a mostra itinerante “Nós somos elas”

O Concello de Culleredo inaugura este mércores 8 de marzo, Día da muller, ás 12,00h no Xardín Botánico a mostra itinerante “Nós somos elas” promovida pola Asociación Alexandre Bóveda e pola área de igualdade da Deputación da Coruña.

Comezan as obras de construción do centro de maiores de Celas, cun investimento de 200.000 euros

O Concello de Culleredo iniciou as obras de construción do centro de dinamización de maiores de Celas, nunha parroquia que contará cun novo equipamento social coa finalidade de dar resposta á demanda da veciñanza. Situarase na parcela da antiga escola unitaria, agora convertida en centro social, da que se modificou o destino de docente a asistencial, para poder levantar o edificio, dunha planta.

Vive o Entroido 2023 en Culleredo!

O Concello de Culleredo organiza un programa completo de Entroido para todas as idades, desde o venres 17 ao sábado 25 de febreiro.

Adxudicadas por 604.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na DP-3104 ao seu paso por Liñares

A Deputación da Coruña vén de asinar o contrato para o proxecto de mellora e incremento da seguridade viaria da DP-3104 ao seu paso por Liñares, en Culleredo. Trátase dunha actuación concretada co Concello para renovar de xeito notable as prestacións da vía, que conta con numerosas vivendas en ambas as dúas marxes.

O Concello finaliza hoxe os asfaltados en Vinseira Pequena e As Barreiras, e fará o propio mañá en As Reixas e Seara

O Concello de Culleredo actúa para continuar as execucións que garantan as condicións da rede viaria municipal. Tanto é así que esta mañá executáronse os asfaltados en Vinseira Pequena, continuando esta tarde nas Barreiras, e mañá farase o propio en As Reixas e Seara.

Culleredo presenta un novo portal de participación cidadá para implicar á mocidade

O Concello de Culleredo quere implicar á mocidade no deseño dos plans e actuacións municipais. Con esta vocación, o goberno local presenta un portal de participación cidadá dirixido especificamente á poboación entre 16 e 35 anos de idade, que supoñen máis de 5.000 habitantes do termo.

Culleredo aproba en Pleno os proxectos do Plan Único 2023: a renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, a optimización da iluminación na Avenida de Fonteculler e o proxecto de mellora da seguridade viaria en Monte Alfeirán

Celebrouse esta mañá ás 9:30 nunha sesión extraordinaria na que tamén se debateu a aprobación inicial da relación de Postos de Traballo (RPT), as fichas de postos de traballo modificado e funcións modificadas dalgúns servizos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina