Culleredo aproba en Pleno os proxectos do Plan Único 2023: a renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, a optimización da iluminación na Avenida de Fonteculler e o proxecto de mellora da seguridade viaria en Monte Alfeirán

O Concello de Culleredo aprobou esta mañá en Pleno os proxectos do Plan Único 2023, entre os que se atopan a renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, a optimización da iluminación na Avenida de Fonteculler e o proxecto de mellora da seguridade viaria en Monte Alfeirán.

Respecto ao primeiro, o goberno local propón dedicar un investimento de 160.940,91 euros á renovación dunha vía de carácter eminentemente residencial, que comunica a avenida de Cordeda coa rotonda de Amparo López Jean, cun elevado tránsito.

O obxectivo principal será o de incrementar a seguridade viaria nesta rúa, de 390 metros de lonxitude. A intervención suporá, por unha banda, a renovación da pavimentación e das beirarrúas, que serán ampliadas xunto aos pasos de peóns. Desa forma lograrase unha maior visibilidade e protección do peón.

En canto á accesibilidade, instalarase unha nova varanda na zona con máis pendente. A actuación inclúe tamén a dotación de iluminación con tecnoloxía LED, favorecendo a eficiencia e o incremento da luminosidade. Tamén se renovará a sinalización horizontal e vertical e colocaranse novas papeleiras na zona.

En canto ao segundo, intervirase nunha das principais vías de tránsito de vehículos e peóns da contorna urbana do Concello de Culleredo, buscando adecuar así as condicións de iluminación ao uso que se fai na actualidade da mesma. Buscarase dotala de iluminación intelixente capaz de adaptarse ás diferentes situacións, reducindo a contaminación lumínica e propiciando un notable aforro enerxético.

Por último, o executivo municipal recolle na proposta de mellora da seguridade viaria en Monte Alfeirán, un conxunto de actuacións que permitan mellorar esta situación no conxunto da urbanización, así como corrixir as deficiencias máis substanciais nos servizos urbanos e as infraestruturas públicas.

Co fin de ordenar o tráfico e conseguir un percorrido peonil continuado en toda a urbanización, procederase a definir unha plataforma única, con sinalización horizontal e delimitando os carrís indicando os sentidos e preferencias. Intervirase en rúas como a Castelao, Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Pintor Laxeiro ou Pintor Francisco Llorens.

Aprobación inicial da RPT

No primeiro punto da sesión, debateuse a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo, RPT, as fichas de postos de traballo modificados e as funcións modificadas dalgúns servizos.

O obxectivo desta modificación parcial tenta actualizar o deseño e a estrutura municipal para mellorar a adaptación das tarefas funcionariais ás necesidades actuais detectadas no funcionamento dos servizos no ánimo de lograr unha función pública máis eficiente. Todo iso dentro dos límites orzamentarios marcados pola lexislación do Estado.

A valoración dos postos de traballo realizouse atendendo ao seu valor diferencial, cuantificada polos factores valorativos contidos no Manual de Valoración, aprobado polo Pleno municipal no ano 2008. É, por tanto, unha operación técnica obxectiva.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina