Tarrío, Almeiras e O Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso Sénior

O polideportivo de Tarrío, o de Almeiras e o do Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso sénior. Os encontros comezarán xa o venres, ás 16:30 horas, en Tarrío, co partido que disputarán BM Culleredo Sweepend e Rebi Cuenca. Ás 19:30 horas, o encontro entre o IES Pereda Davilas e C.D. Josefinas Mérida, no pavillón de Almeiras.

O Concello convoca á mocidade a participar no concurso de booktrailer 'Moito Conto!'

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convoca aos mozos e mozas de 14 a 30 anos a participar no concurso de booktrailer ‘Moito Conto!’. O obxectivo primordial desta actividade é promover e difundir os hábitos lectores e comunicación entre os veciños e veciñas desta franxa de idade, así como a súa creatividade.

A Explanada do Paseo Marítimo acollerá este sábado a 'Festa da Xuventude'

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organiza este sábado, 6 de maio, a ‘Festa da Xuventude’, que acollerá a Chaira do Paseo Marítimo do Burgo con actividades baseadas na cultura urbana.

Prazo aberto para inscribirse ás probas de acceso a 1º de Grao Elemental do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

Abrése o prazo para inscribirse ás probas de acceso a 1º de grao elemental do 24 de abril ata o 19 de maio. Publícanse as datas de inscrición e matrícula para todas as probas de acceso ao Conservatorio, tanto Grao Elemental como Grao Profesional, para o vindeiro curso 2023/2024.

Restablecemento do doble sentido de circulación na Avenida de Vilaboa e a rúa Domingo Sierra

Desde esta tarde, cara a última hora, quedará restablecido o doble sentido de circulación na Avenida de Vilaboa e a rúa Domingo Sierra.

Culleredo impulsa un curso de director/a de actividades de lecer e tempo libre

O servizo de Xuventude, a través do CIPAX (Centro de Información e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo) pretende regular coas presentes bases a participación para o curso de director/a de actividades de lecer e tempo libre consta de duas fases, una teórico-práctica de 150 horas lectivas, y otra práctica de 150 horas de duración.

O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de cociña sostible 'Cambio climático no prato'

O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, organiza un obradoiro de cociña sostible o vindeiro martes 25 de abril para concienciar á poboación sobre a cociña de aproveitamento. 

O Balonmán na rúa chega a Vilaboa

A fin de semana do 14, 15 e 16 de abril chega a Culleredo a Copa 5x5 Deputación de Coruña - Balonmán na rúa. Terá lugar na praza da igrexa de Vilaboa.

 

O vindeiro 17 de maio terá lugar unha nova edición da Feira de Artesanía

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, terá lugar unha nova edición da Feira de Artesanía.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina