NAS BIBLIOS EN FEBREIRO 2023

Rematadas as tarefas de pavimentación e mellora da drenaxe en As Nabeiras, que darán solución aos problemas de acumulación de auga nos días de chuvia

O Concello de Culleredo está a executar unha importante actuación de renovación de servizos na parroquia de Sésamo. Trátase da ampliación e mellora tanto da drenaxe como da pavimentación de As Nabeiras.

Cristina Pardo toma posesión como nova concelleira da corporación cullerdense

Cristina Pardo Portos forma parte, desde esta tarde, da corporación do Concello de Culleredo tras tomar posesión no Pleno ordinario celebrado esta mañá, en substitución de Guadalupe Pombo, presente na sesión e quen desexou “toda a sorte do mundo” á recentemente nomeada edila.

Culleredo acolle a segunda reunión intermunicipal coa Laracha, Arteixo, Carballo e A Coruña

Culleredo acolleu esta mañá a segunda reunión de carácter intermunicipal coa Laracha, Arteixo, Carballo e A Coruña para definir os temas e desafíos que, de maneira conxunta, cren que se debe incorporar ao debate da súa propia estratexia territorial.

O programa 'Perros y letras' volve a Culleredo para o alumnado do CEIP Vila de Rutis, CEIP Plurilingüe de Tarrío e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

O Concello de Culleredo, a través da concellaría de Educación, retoma o programa "Perros e letras” de READ España, que esta vez se desenvolverá nos centros públicos CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Vila de Rutis e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.

Os escolares de 5º de Educación Primaria de Culleredo traballarán por primeira vez a `ecopercusión` con obradoiros prácticos

Os escolares de 5º de Educación Primaria de Culleredo traballarán por primeira vez a ecopercusión con talleres prácticos de dúas horas de duración. Nesta actividade, o alumnado aprenderá a facer unha ‘batukada’ a partir de materiais de refugallo, como botellas ou botes de pintura. 

A Clinica de Veterinaria Haciadama consegue o primeiro premio no III Concurso de Escaparatismo de Nadal Concello de Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o edil de Comercio, Mario Iglesias, fixeron entrega esta mañá dos tres premios que acreditan aos mellores escaparates no III Concurso de Escaparatismo de Nadal Concello de Culleredo, no que non só resultaron premiadas as mellores composicións, senón tamén os veciños e veciñas, cun sorteo final de 20 premios valorados en 50 euros cada un, que deberán ser gastados nalgún dos comercios adheridos á campaña.

O Concello de Culleredo despide o programa 'Volta activa' co obxectivo de achegar á veciñanza as sinxelas rutinas de exercicio diario

O Concello de Culleredo, a través da concellería de Maiores, despediu esta mañá o programa ‘Volta activa’, cuxo obxectivo primordial era o de achegar ás veciñas e veciños as rutinas sinxelas para a práctica do exercicio diario, fomentando así hábitos saudables. 

O Concello adxudica por 233.317 euros a renovación da antiga N-550 o seu paso pola Corveira

O Concello de Culleredo dá un paso máis na modernización da antiga Nacional 550, unha vez obtivo a súa cesión por parte do Estado, para convertela en avenida urbana. Ás obras que se están acometendo actualmente en Vilaboa, súmase a renovación da vía o seu paso pola Corveira, que se adxudicou por un total de 233.317 euros.

A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso presentado polo Concello contra a resolución do Ministerio de Transportes sobre o Plan Director do Aeroporto de Alvedro

A Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso presentado polo Concello de Culleredo contra a resolución do Ministerio de Transportes sobre a revisión do Plan Director de Alvedro. Así o indica no auto con data do pasado 20 de decembro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina