Centro ocupacional "A Escada"

Centro ocupacional A Escada

Blog: www.aescada.jimdo.com

 

PROXECTO CENTRO OCUPACIONAL MUNICIPAL "A Escada"

DEFINICIÓN E XUSTIFICACIÓN

O Centro Ocupacional "A Escada" é un centro de carácter formativo e prelaboral para persoas adultas con discapacidade intelectual media, no que se contempla o fomento de habilidades laborais, de terapia ocupacional e de axuste persoal; orientándose ao emprego ordinario, ou a emprego en empresas protexidas como Centros Especiais de Emprego.

Doutra banda foméntanse actividades convivenciais que favorecen a socialización das persoas con discapacidade intelectual, a participación das súas familias neste proceso, e de todos eles no seu medio.

 

 

Foto do centro ocupacional

 

CALENDARIO FORMATIVO:

De xaneiro a decembro

  • Luns e mércores: De 9:00 a 17:00 (xántase no Centro)
  • Martes, xoves e venres: De 9:00 a 14:00

ACCIÓNS NO CENTRO OCUPACIONAL "A ESCADA"

Accións de adestramento en hábitos laborais:

  • Obradoiros de artesanía: Obradoiros de papelería, pasta de papel, encadernación, xoiaría de abalorios...
  • Venda dos produtos elaborados nos obradoiros

Obradoiros de habilidades sociais e da vida diaria:

  • Cociña, actividades domésticas (mercado, limpeza...) e de hixiene
  • Educación viaria. 
  • Saídas polo barrio para a realaización de xestións da vida cotiá: mercar, xestión en bancos, etc
  • Visitas a lugares de interese cultural

Obradorios de actividades deportivas:

  • Natación
  • Ioga
  • Ximnasia

Obradoiros de habilidades artísticas:

  • Teatro
  • Pintura

Obradoiros de habilidades tecnolóxicas:

  • Achegamento á informática.

Accións de seguemento pedagóxico:

  • Titorías pedagóxicas: Seguemento e orientacións aos rapaces e rapazas en todas as actividades que se realizan no centro.
  • Titorías psicolóxicas: Apoio psicolóxico tanto aos mzos e mozas do centro como ás súas familias ou no caso de resolución de conflitos.
  • Coordinación do centro coa familia:

Xuntanzas coa familia: Reunión de inicio de curso onde se explica as actividades que se van realizar ao longo do curso.

Reunión a remate de curso para abordar temas como a clausura e o campamento de verán.

  • Obradoiros familia: Sesións trimestrais formativas cos familiares.


PERSOAS DESTINANTARIAS

Persoas con discapacidade intelectual de grao lixeiro ou medio que necesitan dun espazo, provisional ou definitivo, para a súa formación e ocupación sociolaboral. As condicións de acceso son as seguintes:

  • Estar empadroado/a no concello de Culleredo
  • Posuír o certificado oficial de minusvalía.
  • Ter esgotado todas as posibilidades de integración no sistema educativo regrado.
  • Non presentar trastornos graves de personalidade ou conduta.
  • Non padecer trastornos físicos que excedan a capacidade de recursos humanos e de infraestructura do Centro.

A EQUIPA

Unha pedagoga dirixe o centro quen xunto coa monitora dos obradoiros e o persoal colaborador (psicóloga, persoal de prácticas, voluntariado, etc) desenvolven o programa anual de centro.

 

Fotos das actividades do centro ocupacional

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina