Servizos para a diversidade funcional, a dependencia e a accesibilidade

Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais domiciliarias que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.

AXUDA A DOMICILIO

O servizo de Axuda a Domicilio consiste na prestación dunha serie de atencións básicas a aquelas persoas e aos seus familiares no seo do seu domicilio cando se atopan en situacións nas que as súas capacidades físicas ou mentais están minguadas

 

XANTA NA CASA

Entrega do xantar a domicilio ás persoas que teñen dificultades para prepararse a súa propia comida, asegurando deste xeito unha alimentación sá e equilibrada.

 

PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS

Ofrece ás persoas con dificultades na autonomía persoal instrumentos que poidan necesitar para desenvolverse de xeito máis independente nas actividades da vida diaria: guindastre para traslados á bañeira, mesa ergonómica para comer, cadeira de rodas, andador... facilitando ás familias coidadoras as tarefas cotiás

 

    

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

Permite que as persoas dependentes ante situacións de emerxencia, con só premer un botón que levan enriba de xeito permanente, contactar telefonicamente durante as 24 horas cunha central de alarmas, atendida por persoal preparado para dar resposta axeitada á crise presentada.

 

TRANSPORTE ADAPTADO 065: Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal

Trátase de proporcionar un medio de transporte axeitado e eficaz para as persoas que presentan problemas de mobilidade e autonomía e que precisan desprazarse para resolver cuestións de carácter persoal, social, sanitario, formativo ou de ocio. Ofrécese a posibilidade de dispor deste transporte de xeito puntual ou por determinados períodos de tempo.

Persoas destinatarias

  • Persoas con dificultade para valerse por si mesmas.
  • Persoas que conviven con outras persoas maiores, discapacitadas ou enfermas crónicas dependentes.
  • Familias con problemas transitorios de sobrecarga: hospitalización de nai ou pai, horarios incompatibles cos horarios escolares...
  • Familias con graves riscos de desestructuración ou graves conflitos nas relacións persoais e sociais.
  • Familias moi numerosas ou monoparentais con escasa rede de apoio.

Información, documentación e tramitación

http://www.culleredo.es/gl/node/2788

 

SERVIZO DE VALORACIÓN E ORIENTACIÓN Á PERSOAS CON DISCAPACIDADE
(SVOMD)

Servizo especializado na valoración, orientación e intervención picosocial dirixido exclusivamente ás persoas do Concello de Culleredo con calquera tipo de discapacidade, coa finalidade de darlle resposta á súa demanda sobre dereitos, prestacións, axudas ou canalización das súas inquedanzas cara a consecución dos máis altos niveis de vida independente. 

Atendido por unha mediadora social e psicopedagoga, mediante entrevistas individuais e visitas domiciliarias nos casos de dificultade de mobilidade ou necesidade de valoración da accesibilidade do contorno da persoa atendida.

 

Ademais desde o SVOMD, realízanse outras accións dirixidas a facilitar o desenvolvemento autónomo destas persoas:

  • Mediación profesional con servizos educativos, sanitarios, de emprego, culturais... para a incorporación normalizada das persoas con diversidade funcional á vida da comunidade
  • Información sobre os recursos accesibles" de Culleredo e comarca
  • Apoio e traballo en rede co movemento asociativo no eido da discapacidade
  • Promoción de accións de sensibilización social sobre a diversidade funcional
  • Exención de imposto de circulación
  • Tramitación do certificado de minusvalía
  • Tramitación de tarxeta de aparcamento

Información, documentación e tramitación:
http://www.culleredo.es/gl/node/2788

 

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina