Servizos de información e asesoramento social

Dan resposta aos veciños e veciñas de Culleredo á solicitude de información e orientación para o acceso aos recursos sociais e de apoio económico aos que se poida ter dereito a fin de atopar solucións ás distintas problemáticas persoais ou familiares.

  •  Foto recepción servicios sociais o burgo

    SERVIZO DE INFORMACIÓN E PRIMEIRA ATENCIÓN SIOP: PRIMEIRA ATENCIÓN CIDADÁ E ACOLLIDA DE MIGRANTES RETORNADOS

    É a porta de entrada aos servizos sociais municipais e onde primeiro chegan as demandas persoais e familiares que serán valoradas e orientadas de maneira personalizada tentando buscar a solución mais acaída á necesidade social que se demanda.

     Foto atención

     Dende este servizo ofrécese asesoramento sobre:

    • Axudas económicas para a manutención de menores, para necesidades básicas, para mulleres vítimas de maltrato, emerxencias familiares ou persoais, a adquisición de axudas técnicas ou tecnolóxicas... 
    • Xestión de ingresos mínimos para persoas sen recursos ou que non poden traballar 
    • Servizos para a autonomía persoal e atención á dependencia
    • Servizos específicos para persoas con discapacidade
    • Primeira acollida a persoas migrantres 
    • Recursos de saúde, planificación familiar, maternidade, de apoio psicolóxico,...
    • Servizos de apoio no fogar en situacións de falla de autonomía persoal: axuda a domicilio, axudas técnicas, teleasistencia domiciliaria, transporte adaptado, comedor e lavandaría sobre rodas
    • Servizos para persoas drogodependentes, alcohólicos, ludópatas...
    • Servizos para a integración de menores e adolescentes
    • Servizos para a conciliación da vida familiar e laboral 
    • Servizos para a formación básica de persoas adultas
    • Servizos de asesoramento xurídico: tutela, acollemento ou adopción, herdanzas, desafiuzamentos, divorcios... 
    • Servizos de acompañamento ao emprego para persoas con especiais dificultades 
    • Servizos de orientación e mediación para a resolución de conflictos 
    • Programas de dinamización social e de lecer para as persoas maiores
    • Orientación para a formación e xestión de asociacións prestadoras de servizos sociais
    • Alternativas de aloxamento: vivendas sociais, axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas na vivienda para a xente con mobilidade reducida, residencias para persoas maiores e para persoas con discapacidades, casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, acollementos en familias para nenos e nenas, persoas maioresou con discapacidade, axudas para mellorar as vivendas en mal estado...
    • Servizos de voluntariado social

    Voltar

     SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO-SOCIAL

    Ofrésese a posibilidade á persoa usuaria de coNsulta sobre aspectos xurídicos directamente cun profesional, sempre que sexa remitido pola súa traballadora social de zona. Exclúese desta atención a defensa xurídica.

     
    Ofrécese asesoramento sobre:
    • Dereito de Familia: Menores, incapacitacións e acollementos, separacións, divorcios e modificacións de medidas...
    • Dereito penal: malos tratos, asuntos penitenciarios e informes de cumprimento substitutorio de penas, recursos penais...
    • Dereito laboral: prestacións, despidos e sancións, incentivos e contratación...
    • Dereito administrativo: supervisión convenios de entidades asociativas municipais, infraccións e sancións administrativas, procedemento administrativo xeral...
    • Dereito civil: sucesións e herdanzas, vivenda: arrendamentos, alugueiros e desafiuzamentos...
    • Estranxeiría: permisos de residencia e traballo, reagrupacións familiares e nacionalidade, recursos e denegacións de permisos, convalidación de titulacións...

    Voltar

    PROGRAMA RADIOFÓNICO "Desta Xeira..tempo de benestar " EN RADIO CULLEREDO FM 101.2

    Programa radiofónico dos servizos sociais municipais con periodicidade semanal que transmite contidos informativos aos veciños e veciñas de Culleredo sobre recursos da área de benestar así como tertulias en directo con participantes nas diferentes actividades da área a fin de dar a coñecer e sensibilizar sobre os diferentes temas sociais.

    Na Radio Municipal de Culleredo no 101.2.
    Os xoves de 12.30 ás 13.00h

     

    fotos radio culleredo

    Teléfonos de interese

    • Casa do Concello981.677.777
    • A Escada981.664.452
    • C.F.Pablo Picasso981.664.204
    • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
    • Centro municipal asociativo981.652.122
    • Conservatorio de Música981.667.798
    • Edificio usos múltiples981.665.597
    • Policia Local981.677.755
    • Protección Civil981.651.879
    • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
    • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
    • Villa Melania981.650.077

    Séguenos en Twitter

    Envíanos as tuas dúbidas

    El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

    Patrocina