Aulas abertas


As "Aulas Abertas" están proxectadas tanto para erradicar o analfabetismo funcional dos veciños e veciñas como cara unha mellora do nivel cultural, formativo e tecnolóxico xeral das persoas adultas, para evitar que carencias deste tipo cheguen a convertirse en factores de exclusión.


Deste xeito, as Aulas Abertas establécense cunha estructura descentralizada que pretende chegar ás parroquias, estando implantadas neste momento en nove das once existentes no concello.

                             

 

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas maiores de 16 anos empadroadas no concello de Culleredo:

  • Que sexan analfabetas funcionais ou totais.
  • Que desexen obter algunha titulación académica.
  • Que queiran incrementar o seu nivel cultural e coñecer as novas ferramentas sociais e tecnolóxicas.
  • Que busquen novas relacións sociais.
  • En definitiva, persoas que queiran continuar aprendendo.

MÓDULOS QUE OFRECEN AS AULAS ABERTAS


"Cociña de aquí e habilidades domésticas", destinado básicamente a persoas estranxeiras para facilitar a adaptación e a búsqueda de emprego como empregadas/os do fogar.

"Coidadores de asistentes persoais e canguros", destinado a persoas con baixa cualificación profesional que queiran acceder ao mundo laboral neste eido.

"Aulas de familias", que ten como obxectivo a formación de pais e nais na educación dos seus fillosou fillas. Consiste nunha sesión formativa mensual a cargo de profesionais

"Aprendendo a usar o móbil" Trátase dun obradoiro de achegamento ás novas tecnoloxías. Teñen lugar en 6 sesións ao longo do ano.

"Diferentes pero iguais" Formación específica nas novas tecnoloxías para persoas con discapacidade intelectual media.

" O teu novo idioma, o teu novo país" módulos dirixidos a persoas estranxeiras na aprendizaxe da lingua galega e na lingua española así como do sistema de funcionamento de organismos como o sistema de saúde, o educativo, seguridade social, etc.

"Aulas de números, letras e memoria" para a aquelas persoas que buscan manter a mente activa e desenvolver habilidades básicas de cálculo, e a espresión oral e escrita.

Módulos especiais das aulas Abertas

  • Aulas de Educación Básica de Adultos (EBA) NIVEIS I e II 
  • Aulas de preparación para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria para Adultos

CALENDARIO FORMATIVO

De xaneiro a xuño e de outubro a decembro
A duración é de 9 meses

Horarios variables:
Mañá, de tarde ou nocturno dependendo do grupo.

  • Grupos de Educación Básica de Adultos (EBA-Niveis I e II): 4 horas semanais (2h./ 2 días á semana) agás o grupo de persoas con discapacidade psíquica que ten 2 h/sem. e os grupos de informática que son de 1h/sem cada un. As charlas das Aulas de Familias teñen unha duración de 2 horas unha vez ao mes.
  • Grupos de Graduado en Educación Secundaria: De outubro a xuño, e de outubro a decembro, 11 horas semanais de docencia e 2 h/sem de acompañamento ás titorías no Centro de Educación de Adultos "Eduardo Pondal" onde están matriculados/as a distancia.

 Almeiras
(grupo de nivel I e II)

 O Burgo
(grupo de nivel I e II)
 Castelo
(grupo de nivel I e II)
 O Burgo
(grupo de pregraduado)

 Tarrío
(grupo de nivel I e II)

 O Burgo
(grupo para persoas con discapacidade intelectual)
 Celas
(grupo de nivel I e II)
 O Burgo
(grupo "O teu novo país" para persoas extranxeiras)
 Ledoño
(grupo de nivel I e II)
 O Burgo
(grupo de aprendizaxe do idioma para persoas extranxeiras)
 Sésamo
(grupo de nivel I e II)
 O Burgo
(4 grupos de informática para niveis iniciais)
 Veiga
(grupo de nivel I e II)
 O Burgo
(aula de cociña de aquí e habilidades domésticas)
 Vilaboa
(grupo de nivel I e II)
 O Burgo
(Aula de asistentes persoais e canguros)
 Vilaboa
(aula de familia)
 O Burgo
(Aula de inglés partindo de cero)

ACCESO AO SERVIZO

Solicitando información no Centro de Servizos Sociais

 

 

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina