O Concello de Culleredo leva a música ás rúas do municipio. Un novo programa cultural do Concello difune a música instrumental por lugares concorridos con paso elevado de xente.
O polideportivo municipal de Vilaboa e o de Almeiras foron designados como colexios electorais para as próximas Eleccións Europeas do 25 de maio, ocasionando cambios no seu uso.
O sorteo para a designación das prazas para o campamento deportivo 2014 organizado pola Deputación da Coruña farase o 27 de maio as 12.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o vindeiro luns 19 de maio, ás 13.00 horas, na sala de Comisións da Casa do Concello, tratará en acto público o inicio do expediente de contratación do suministro dun vehículo para Emerxencias.
O Concello de Culleredo publica as listaxes de admitidos e excluídos nas XV Mañás de Campamento que terán lugar este verán.
O Concello de Culleredo informa aos veciños afectados polo Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro, nesta segunda fase, das tramitacións a realizar perante a AENA, de cara a asegurar a insonorización das súas vivendas.
A campaña de esquí 2014 da Deputación da Coruña celebrarase este ano en San Isidro, do 21 ao 23 de febreiro. A inscrición poderá formularse do 23 ao 28 de xaneiro no Concello.
O Concello de Culleredo lanza a programación infantil das Bibliotecas Municipais de xaneiro a xuño de 2014. O programa ofrece contacontos coa Dragona Ramona, obradoiros, contos en inglés e os novos "Biblioxogos".
O Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo conformaron unha ampla campaña para a dinamización comercial do municipio. Desenvolverase ata o 5 de xaneiro nos núcleos con máis negocios do termo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER