O Sorteo público para a adjudicación de prazas correspondentes ás accións formativas da Programación Municipal “Formación para o emprego 2014” terá lugar o día 18 de setembro de 2014 ás 12:00 horas, no Centro Municipal de Formación e Emprego.
O goberno de Culleredo incrementa notablemente o seu programa de actividades culturais e deportivas. Máis de 1.500 prazas conforman a oferta do Concello, con aumento de grupos naquelas actividades que rexistran unha maior demanda.
O Concello presenta un amplo programa de actividades de benestar con 34 grupos, en diferentes horarios, e distintos centros sociais da zona urbana e tamén da rural.
O Concello de Culleredo convoca o uso dos polideportivos municipais para a tempada 201-2015. O prazo queda aberto atá o vindeiro 19 de setembro. Os interesados poden dirixirse á Concellaría de Deportes no 981 665 597 ou en deportes@culleredo.org.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 16 de marzo de 2015 tratará en acto público a resolución de contrato de servizos de cafetería.
O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego.O programa conta con 289 horas e 148 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral. Inscrición do 1 ao 5 de setembro.
O Concello de Culleredo lanza programación de actividades para maiores prevista para o que queda de ano, configurada en función das suxestións recibidas dos propios maiores.
A Xunta de Goberno Local do vindeiro 18 de agosto de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público a adxudicación do subministro dun vehículo de emerxencias.
O Concello de Culleredo lanza unha ampla programación infantil para o mes de agosto. Haberá actividades tanto na Biblioteca de Vilaboa como no centro social do Burgo. Os pequenos poderán gozar de diferentes obradoiros, adaptados aos diferentes rangos de idade.
A partir do 1 de xullo, o horario das bibliotecas será de 10.00 a 17.00 horas. Ademais, a Biblioteca do Burgo pechará, por obras, a partir do 15 de xullo. A atención ao público seguirase prestando dende a Biblioteca de Vilaboa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER