A empresa de distribución eléctrica Naturgy comunicoulle ao Concello de Culleredo que o vindeiro día 9 de setembro, realizaranse tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede.
De 3:00 a 7:00 horas, estarán fora de servicio unha serie de instalacións nas seguintes zonas:
- A Corveira (Alejandro Pérez Lugin nº1 ao 5, 7 ao 11; avenida Vilaboa nº1, 156, impar 177 a 197, 203; Gómez Pérez das Mariñas, nº2, 4, 6).
- Conduzo (Clara Campoamor nº 15, 16; Senra nº 6)
- Vilaboa ( avenida Vilaboa nº 165, 171, 173, 175, 185).
O Olímpico de Rutis conseguiu un doblete para as súas vitrinas tras a disputa do Torneo de Fútbol Concello de Culleredo 2019 durante o pasado mes de agosto. O conxunto cullerdense fíxose coa vitoria no XXII Trofeo de Fútbol de Veteranos, tras derrotar por 2-0 ao Sporting Burgo na final, así como no XLII Trofeo de Fútbol Afeccionado, despois dun apretadísimo encontro fronte á UDJ Almeiras, con resultado final de 4-3.
O vindeiro día 6 de setembro, a Aula de Natureza Juan Lembeye acollerá a inauguración da exposición da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA). Será ás 20:00 horas.
O Grupo Naturgy vén de informar ao Concello de Culleredo dunha serie de cortes programados na subministración eléctrica de varios puntos do municipio. Será na madrugada do 2 de setembro en Vilaboa e na madrugada do 3 de setembro no Burgo, nas rúas, números e horarios que a continuación se indican.
Se tes de 14 a 30 anos e queres participar no Concurso de Graffiti Culleredo 2019, esta é a túa oportunidade!
Consulta aquí a información relativa ás escolas municipais culturais e deportivas para o vindeiro curso 2019-2020 no Concello de Culleredo.
E si queres solicitar máis información, podes achegarte ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, na rúa Ramón Cabanillas, 14, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER