O Concello de Culleredo abre o día 1 de outubro o prazo de inscrición para o taller de cociña saudable ‘ Cullerchef’, que está destinado a nenas e nenos entre 7 e 12 anos. Comezará ás 9:00 horas, e finalizará o día 4 do mesmo mes tamén ás 9:00 horas.
O vindeiro día 27 de outubro terá lugar, a partir das 10:30 horas, a III Edición da Carreira e Andaina Solidaria no Paseo Marítimo do Burgo.
Ás 19:30 horas, o Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a representación de 'Tolilates', unha obra de monicreques a cargo da compañía de marionetas Trécola. Recollida de invitacións desde unha hora antes do comezo da función.
Consulta aquí a listaxe de prazas vacantes nas Escolas Culturais e Deportivas do Concello de Culleredo. O prazo estará aberto o vindeiro día 2 de outubro.
O venres 11 de outubro, a Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa acollerá, a partir das 18:30 horas, a actividade de Contacontos da Dragona Ramona 'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza'.
Publícase a listaxe definitiva de grupos e persoas matriculadas nas aulas e espazos de benestar do Concello de Culleredo para o curso 2019-2020.
As listas poderanse atopar tamén en formato físico nos edificios de Servizos Múltiples e na Casa do Concello.
A Biblioteca de Vilaboa xa está lista para albergar as actividades municipais, tras o peche temporal do espazo de Servizos Múltiples, no Burgo.
Albedros serán plantados na senda peonil e ciclista entre Alvedro e O Burgo en recordo ao patrimonio natural de Culleredo.
Atópase finalizada a intervención en Culleredo, co fin de acometer un novo proxecto para a modernización da súa rede de iluminación pública, promovendo a eficiencia. Nesta ocasión tratouse da renovación da iluminación da urbanización Augas Mansas, na Zapateira.
O parque da Torre de Celas acollerá este sábado, 28 de setembro a IV edición da Foliada dá Torre. Trátase dun evento solidario que organización a Asociación O Cruceiro, coa colaboración do Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER