Este xoves día 20 de xuño ás 19:30 horas terá lugar a reunión coas familias participantes no programa municipal de 'Mañás de campamento 2019'.
O lugar no que se celebrará a xuntanza será o salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples.
José Ramón Rioboo Castro foi investido alcalde do Concello de Culleredo na sesión plenaria que tivo lugar o sábado 15 de xuño de 2019.
O plan do Concello de Culleredo para crear parques cubertos chega á praza das Brañas, en Fonteculler. Trátase do punto neurálxico do núcleo, xunto ao centro social, e o goberno local aposta por cubrilo para incrementar o seu tempo de uso con independencia das inclemencias meteorolóxicas
O Concello de Culleredo oferta campamentos de verán específicos para a mocidade. Serán do 1 ao 12 de xullo e basearanse en actividades de interese para a xuventude, como deportes de aventura, alternativos e acuáticos.
O Concello de Culleredo desenvolve o ciclo de emprego formativo para mozos, na liña dos que xa se fixeron, co obxectivo de formar e dar emprego ao sector de menor idade do municipio cullerdense.
O CRA (Colexio Rural Integrado) de Culleredo, composto por nenos e nenas de 3 a 6 anos, inaugurará mañá un museo de arte contemporáneo.
O MACCRA, que así se denominará esta exposición itinerante, nace coa fin de amosar ao público a investigación, creación, innovación e os xogos que realizou o alumnado a través do cinema, a arquitectura, a pintura, a escultura, a música e a fotografía.
Estará aberta polas tardes, de 16:30 a 19:30 horas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER