O Concello de Culleredo lanza un curso de zumba durante o verán, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 18 anos de idade, de carácter gratuíto. Terá lugar todos os venres de xullo e agosto en horario de 20.00 a 21.00 horas no centro social de Fonteculler.
Durante os días 9, 10 e 11 de xuño desenvolveuse no IES Universidade Laboral de Culleredo un curso piloto de electricidade básica para o mantemento de aeroxeradores. Trátase dunha acción enmarcada dentro do proxecto Leonardo da Vinci TOI (Transfer of the Innovation), financiado con fondos europeos.
O Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Sanidade, e a Asociación Galega de Trastornos de Personalidade (TP Galicia) organizan unha xornada sobre esta patoloxía. Terá lugar o xoves, 12 de xuño, a partir das 19.00 horas no pazo de Vila Melania (Vilaboa).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER